lunes, 15 de junio de 2015

PARABÉNS PARA OS AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Este curso botouse a andar un novo proxecto do Plan Lector: "Os axudantes de biblioteca". Desde principio de curso nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria, de forma voluntaria, axudáronnos durante os recreos no traballo de biblioteca, ocupándose de diferentes tarefas, como etiquetar, catalogar e forrar libros, levar o servizo de préstamo, ordear as obras das estanterías, etc. Día a día, vivimos a súa ilusión por colaborar, a solidariedade entre compañeiros á hora de axudarse uns aos outros e, especialmente, o desexo de aprender. A día de hoxe, podemos dicir que a biblioteca é mellor grazas a eles, así que, moitos parabéns, rapaces! Parabéns a Eugenia, Ana, Lucía, Nerea, Alejandra, Javier, Julia, Patricia, Santiago, Amanda e a todos os que participastes neste proxecto. E desde aquí queremos agradecer á editorial SM a súa xenerosidade ao mandarnos un lote de libros cos que puidemos premiar aos mellores axudantes de biblioteca deste curso. Aquí tedes unhas fotos dos rapaces cos seus premios:

Axudantes de 6º

Axudantes de 5º

E logo do verán, cando bote a andar o novo curso, será a hora dunha nova fornada de axudantes de biblioteca, que terá novas e maiores responsabilidades, como por exemplo, un lugar no noso blog dedicado exclusivamente a exhibir o seu traballo: "O rincón dos axudantes". Aquí, poderán recomendar lecturas aos seus compañeiros, promocionar as actividades nas que participen, etc. Así que, para todos aqueles que queirades colaborar: a biblioteca está a agardar por vós!

No hay comentarios:

Publicar un comentario