martes, 17 de noviembre de 2015

E O OUTONO TRÁENOS A XOÁN BABARRO

Durante este outono, no Fogar teremos o privilexio de recibir a visita dun dos autores máis prolíficos da nosa literatura infantil e xuvenil: Xoán Babarro. Este encontro permitirá aos alumnos de 1º da ESO conversar co creador de obras tan inesquecibles como Primeiro libro con Malola, Barrigaverde e o dragón Achís ou Sempre Hausa.




Eu e nós durmindo nun garaxe, lectura marcada para este curso, e escrita tamén por Babarro, será a bo seguro un dos temas principais da xuntanza.




Na biblioteca do Fogar contamos con algúns dos mellores títulos de Babarro, os cales reunimos nunha mesa especialmente dedicada a este escritor, que permanecerá na sala até decembro. Desde aquí vos convidamos a todos a pasar a vela e a levar en préstamo algunha das obras que alí atoparedes. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que encontraredes:













E se queredes achegarvos á figura deste autor, aquí podedes atopar información sobre a súa vida e a súa obra: 

http://www.bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=XoaBabar1&alias=Xo%E1n+Babarro

http://www.xerais.es/autores.php?tipo=autores&id=900280

http://www.edebe.com/publicaciones-generales/libros-autor-xoan-babarro=1=158=1

No hay comentarios:

Publicar un comentario