Na xornada de hoxe a biblioteca do Fogar recibiu unha visita moi especial: dous grupos, un de monstros e outro de bruxas, leron contos aos nenos de 2º e 3º de Primaria.
Pola mañá, foron cinco monstros de 5º de Primaria quenes axudaron aos rapaces de 3ºA a perderlle o medo a uns seres que nos asustan moito: as bruxas. Para iso, léronlles o conto ¿Cómo machacar brujas? (Editorial edaf), no que os nenos escoitaron diferentes formas de loitar contra unha bruxa, se é que se lles aparece diante...
Aquí vos deixamos unhas fotos da sesión:
E pola tarde foron catro marabillosas bruxas de 5º de Primaria quenes explicaron aos nenos de 2ºA como actuar fronte a un monstro. Para iso léronlles o libro ¿Cómo machacar monstruos? (Editorial edaf).
Aquí podedes ver unhas fotos da sesión:
Nas vindeiras semanas os outros grupos de 2º e de 3º da Primaria terán ocasión de desfrutar destas bruxas e destes monstros tan didácticos como divertidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario