Esta semana falamos de libros con Damien Fandiño Gelato, alumno de 6º de Primaria, gran afeccionado a viaxar, a debuxar e a xogar á videoconsola. Damien, no entanto, odia unha cousa: as verduras.
1.Que estás a ler agora mesmo?
O Principiño, de Antoine de Saint-Exupéri.
2.Cal é o teu libro favorito?
Os de Asterix e Obelix, porque hai "tortas por doquier".
3.Cal é a túa personaxe favorita?
Ideafix, un can moi pequeno e valente, cuxo dono se parece a min.
4.Cal é o teu autor favorito?
5.Cal é o teu xénero favorito?
Aventuras e terror.
6.Un libro para chorar...
Frankenstein, de Mary Shelley.
7.Un libro para rir...
Os do Capitán Calzoncillos.
8.Con que libro pasaches máis medo?
Nunca pasei medo cun libro.
9.O teu poema favorito...
Mentres escribes non mexes.
É preferible que coa poesía pelexes.
Pertence á obra O meu gato é un poeta, de Fran Alonso.
10.Cal vai ser a túa próxima lectura?
Mago por casualidad, de Laura Gallego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario