Como parte do proxecto sobre as profesións que se está a desenvolver en diferentes niveis, os pícaros de 5ºInf.B invitaron a visitar o noso colexio a David, fisioterapeuta na clínica Scarpa. David, converttido nun auténtico Mago Merliño, descubriunos a "maxia das mans", nos explicou como tiñamos que facer con elas se nos dabamos un golpe, e nos amosou algunha das máquinas e dos instrumentos que emprega para curar as lesións (a máquina de ultrasóns, a lámpada de calor, o prato de Bohler, etc.).
Con David, ademais, fomos vendo diferentes músculos e ósos do noso corpo, e falamos da importancia da columna vertebral. Tamén nos ensinou a sentarnos correctamente, co fin de evitar a dor de costas, e nos achegou á fisioterapia respiratoria, dándonos uns consellos para respirar ben.
Queremos agradecer a David a paciencia e a amabilidade que amosou na visita, respondendo as mil e unha preguntas que lle foron realizando os pícaros de 5ºInf.B. E grazas por ensinarnos tantas cousas sobre unha profesión cunha pronuncia un pouco difícil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario