jueves, 19 de octubre de 2017

RECIBIMOS A VISITA DE APADAN

Este luns o Fogar recibiu unha visita moi especial, a de María, Presidenta de APADAN, a Asociación Protectora de Animales Domésticos Abandonados del Noroeste, unha asociación sen ánimo de lucro creada xa no ano 2000, que coida no seu refuxio cans abandonados e/ou maltratados.



Neste encontro, María explicou ao alumnado de 5º de Primaria o que é unha protectora de animais, cal é o traballo que fai a súa asociación, como funciona o refuxio que crearon en Culleredo, etc., e respondeu a todas aquelas preguntas que este esixente público lle realizou. 






Especialmente impactante para todos nós resultou escoitar as terribles condicións nas que chegan ao refuxio a maioría dos animais, feridos, desnutridos e asustados. Porén, grazas a María e aos traballadores e voluntarios de APADAN, todos eles consiguen un fogar. Algúns no propio refuxio; outros nas casas de xente que os adopta.



Todos aqueles que queirades coñecer máis acerca do importantísimo traballo que fai esta asociación, non tedes máis que picar aquí. Na súa web coñeceredes a historia do refuxio e tamén como podedes colaborar, aqueles que o desexedes: acollida, adopción, apadriñamento... As opcións son moitas.

Na nosa web encontraredes máis información sobre esta visita, picando aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario