viernes, 27 de octubre de 2017

TODOS CONTAMOS NA BIBLIOTECA DO FOGAR

Na biblio do Fogar todos contamos. Contan, por exemplo, Sabrina, Samantha e Marta (4ºB), que leron un fermoso conto para Leo, irmán de Sabrina, e os seus compañeiros de 4º de Infantil.



O libro escollido foi La máquina de los abrazos (Andana Editorial), de Scott Campbell, co que falamos de como expresamos as nosas emocións.


Aquí podedes ver algúns momentos da sesión:






Tamén contan Daniela e Sabrina (4ºC), que fixeron desfrutar aos pequenos de 6º Inf. C co divertidísimo álbum A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza (Kalandraka), escrito por Werner Holzwarth e ilustrado por Wolf Erlbruch.




A quen non coñeza este clásico da literatura infantil, o animamos a rir a cachón coa investigación dunha toupiña que só quere saber quen lle deixou aquel "agasallo" na cabeza cando saíu do seu tobo. Sería a pomba? Ou quizais o cabalo? Para coñecer a resposta non tedes máis que coller o libro na biblioteca e mergullarvos nas súas páxinas.



E tamén contan Aarón, Pedro e Mateo (2ºA), que quixeron facerlle un agasallo á súa antiga profe, Ana, polo que leron La excavadora para os pícaros de 1ºC, o seu actual grupo.




E, por suposto, nós tamén contamos. Entre as obras coas que máis desfrutaron os pequenos destacan dúas, un clásico da biblioteca como Cocorico (OQO) e un libro que acaba de chegar aos nosos fondos, Peligro en el mar (SM).

Aquí podedes ver os nenos e as nenas de 5º Inf. A atendendo á historia de Cocorico, un pitiño un pouco lambón, que terá que fuxir das gadoupas do terrible Gato Pelado.





Recomendámosvos, sen dúbida, este libro tan divertido como terrorífico, escrito por Marisa Núñez e ilustrado por Helga Bansch.



E, como dixemos, os pequenos tamén desfrutaron enormemente cun libro que acaba de chegar á biblioteca, Peligro en el mar, unha historia de Begoña Ibarrola, que a través dun cabaliño de mar chamado Quino e dos seus amigos do océano, nos lembra que fronte a un problema o que temos que facer é procurar unha solución.




Animámosvos a achegarvos a esta fermosa obra incluida na colección "Cuentos para sentir", de SM.



E tamén contamos en Primaria, obras como a que Iria leu aos seus alumnos de 6ºA. Mis amigos, un álbum de Taro Gomi publicado por Blackie Books, que nos fala da amizade e de desfrutar o momento.





No hay comentarios:

Publicar un comentario