miércoles, 18 de octubre de 2017

UNHA TARDE MOI GUAPA

Onte, a biblioteca viviu unha tarde de teatro grazas a seis fantásticas actrices de 5ºA de Primaria, que representaron para os pícaros de 6ºB de Infantil unha obra baseada nun dos nosos libros favoritos: Guapa, escrito e ilustrado por Canizales. María, Carla, Eva, Carmen, Irene e Lía deixaron coa boca aberta ao público, que desfrutou enormemente coa actuación.



Guapa, publicada por Apila Ediciones, cóntamos unha fermosa historia protagonizada por unha bruxa e un ogro, que nos leva a reflexionar acerca do importante que é ser fieis a nós mesmos e aceptarnos tal e como somos, sen deixarnos levar polas opinións dos demais.



Aquí vos deixamos unhas fotos da representación:


















E logo de asistir á representación, os nenos e as nenas de 6ºB de Infantil pintaron máscaras de bruxas e de ogros, inspiràndose nos dous protagonistas da obra Guapa.





Para despedirnos, queremos felicitar a estas seis actrices que onte nos fixeron desfrutar a todos. Parabéns, non só polo ben que vos saiu a obra, senón polo esforzo e a alegría que poñedes en cada actividade que realizades. E dicímosvos até logo con esta fermosa foto da bruxa da obra, Carla, e a súa irmá Rebeca, que asistiu á representación.




GuardarGuardarGuardarGuardarGuardarGuardar

No hay comentarios:

Publicar un comentario