lunes, 9 de octubre de 2017

COUSAS QUE NOS GUSTAN DE NÓS

A pasada semana, na biblioteca, decidimos subirnos o ánimo. Falamos de nós mesmos e tamén dos demais. E a palabra AUTOESTIMA foi a clara protagonista dunhas sesións, nas que todos participamos, todos compartimos, todos sumamos.



O libro que nos ocupou foi Cosas que me gustan de Mí, escrito por Trace Moroney, e publicado en español por SM.



A lectura da obra levárona a cabo alumnos dos distintos grupos que participaron nestas sesións, de 1º, 2º e 3º de Primaria, demostrando que a canteira de contacontos do Fogar segue en auxe.










Algúns dos maiores de Primaria, como Carmen Cordonié (6ºB), tamén participaron con nós nesta actividade, lendo o conto para os pequenos.



Unha vez rematada a lectura, un a un fomos dicindo ao grupo aquelas cousas que máis nos gustan de nós mesmos. Para rematar a actividade, tamén falamos das cousas que máis nos gustan dos nosos compañeiros.










Todos saimos cunha idea moi clara. Tal e como nos di o libro de Trace Moroney:
"Nadie en el mundo
es mejor que yo
en ser yo.
Me gusta ser como soy."

O curso acaba de comezar. Este e moitos outros contos nos farán viaxar durante os próximos meses. Historias como a de O zapateiro e os trasnos, publicada por Kalandraka, con texto de Eva Mejuto e ilustracións de Elia Manero.



Con este conto popular desfrutaron estes días os alumnos de 6º de Infantil:









A canción dos trasnos escoitouse por toda a biblioteca:
"Botas, zocas e zapatos
fan os trasnos do burato;
do tacón ata a punteira...
un calzado de primeira!"

E logo de escoitar o conto, traballamos sobre el:




Entre as sesións desenvolvidas cos alumnos de Primaria, houbo dúas coas que desfrutamos especialmente. Nunha delas, Andrea, alumna de 2ºA, leu para os seus compañeiros de clase unha das súas obras favoritas: Pipo, el muñeco de nieve (Combel), de Bel Olid.




Aquí podedes ver a Andrea lendo para os seus compañeiros:





Na outra das sesións das que vos estamos a falar, Daniela e Alba, de 6ºC de Primaria, leron para os pícaros de 2ºC Mamá al galope (Flamboyant), de Jimena Tello.



Con Alba e Daniela, reflexionamos acerca desas superheroínas ás que moitas veces non valoramos o suficiente: as nosas mamás.




Os contacontos, as representacións teatrais e as visitas das familias, acaban de comezar. Quédannos moitos meses por diante para desfrutar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario