Co comezo do curso, empezaron tamén as actividades na biblioteca, e novamente os contacontos e o teatro volveron encher este espazo. Entre estas primeiras actividades, unha das que máis nos gustou foi a desenvolvida por dúas das nosas contacontos máis experimentadas, Inés e Candela, ambas de 6ºB de Primaria. Nela, a través de Las chicas son guerreras (Montena), unha obra de Irene Cívico e Sergio Parra que se está a converter nunha das grandes sensacións lectoras de finais do curso pasado e comezos deste, achegáronnos a dúas mulleres extraordinarias: Nellie Bly e Virginia Woolf.
Os seus compañeiros de 6ºB atenderon, atentos, á historia destas dúas grandes mulleres, contada por outras dúas grandes mulleres.
Grazas a Inés e a Candela, puidemos coñecer así á estadounidense Nellie Bly, a primeira reporteira dedicada ao xornalismo de investigación, que en 1889 rebaixou en 8 xornadas o record de 80 días en dar a volta ao mundo da famosa novela de Verne A volta ao mundo en 80 días.
A outra protagonista da sesión foi a británica Virginia Woolf, unha das figuras máis destacadas do modernismo literario do século XX. Como nos contaron Candela e Inés, esta gran muller destacou tamén polo seu constante activismo na defensa dos dereitos da muller.
A todos aqueles aos que vos interese coñecer que fixeron grandes mulleres como Clara Campoamor, Mary Shelley, Coco Chanel ou Frida Kahlo, vos recomendamos este libro de Montena, co que Candela e Inés nos ensinan tanto e nos fan pasar tan bos momentos:
Esta obra vos permitirá desfrutar, ademais, coas fermosas ilustracións creadas por Nuria Aparicio:
No hay comentarios:
Publicar un comentario