Inés e Candela pasaron de novo pola biblioteca para presentarnos unha nova muller xenial, a fotógrafa estadounidense Annie Leibovitz. E esta vez non o o fixeron soas, senón xunto a Mireia e Alba, alumnas, como elas, de 6º de Primaria.
Así, empregando de novo unha obra que xa se converteu nun clásico no Fogar, leron para o grupo de 3ºC o capítulo que se lle dedica a esta gran fotógrafa no libro Las chicas son guerreras (Montena), de Irene Cívico e Sergio Parra.
Antes da lectura, ademais, sorprenderon ao público coa representación dunha espectacular obra de teatro destinada a introducir a figura de Annie Leibovitz.
Grazas a Candela, a Inés, a Alba e a Mireia, agora coñecemos algo máis acerca da considerada como a mellor fotógrafa do mundo, gañadora dos máis prestixiosos premios e que desde o ano 2000 ostenta o título de "Lenda viva" outorgado pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos. Todos os que sexades afeccionados ao mundo da fotografía, a bo seguro que desfrutaredes coa obra da primeira muller que expuxo na prestixiosa Galería Nacional de Retratos de Washington e que foi a derradeira persoa en retratar a un dos grandes xenios da música, John Lennon, antes da súa morte en 1980.
No hay comentarios:
Publicar un comentario