Un dos grupos que tivo o privilexio de desfrutar destes encontros foi 4ºB de Primaria, ante o que Iris, unha prometedora centrocampista asturiana chegada este verán ao Depor, nos contou como foron os seus comezos no mundo do fútbol, cales foron os diferentes equipos polos que pasou, como foi a súa fichaxe polo Depor, cales foron os seus mellores e os seus peores momentos no deporte...
Moi atentos, todos a escoitamos falar da súa gran paixón: o fútbol. Compañeirismo, respecto e solidariedade son algúns dos valores que lle transmite este deporte.
Tamén os pícaros de 4º de Infantil A desfrutaron destes encontros. No seu caso, conversaron non só con Iris, senón tamén con Sara, unha das dianteiras do equipo. Todos falamos sobre o futbol, o deporte feminino... Ademais, contaron coa axuda de catro xornalistas de 5ºB de Primaria, Candela, Aitana, Pablo E. e Diego O., que entrevistaron a estas dúas estrelas do fútbol feminino.
Todos aqueles que queirades saber máis acerca do Depor Abanca, non tedes máis que metervos na páxina web do R. C. Deportivo de La Coruña. Picando aquí, poderedes estar ao tanto das noticias do equipo, dos seus resultados, do día a día da plantilla...
E por suposto, Iris, Sara e o Fogar, animámosvos a acompañar ao equipo no esixente partido deste domingo ante o Sárdoma, que se xogará en Ponte dos Brozos (Arteixo) ás 12:00. Logo de vencer a fin de semana pasada ao Victoria FC de Santiago por 0-4, as nosas rapazas esperan acadar un resultado positivo que lles permita continuar como líderes do grupo 1º da Segunda División Nacional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario