miércoles, 11 de octubre de 2017

A BIBLIOTECA ÉNCHESE DE INTERNACIONAIS

Esta semana a biblioteca volveu vivir uns días nos que o deporte estivo moi presente, grazas ás visitas de Kika, Gaby e Silvia Mérida, tres xogadoras internacionais coas súas respectivas seleccións de fútbol, que nos falaron, entre outras cousas, do que significou para elas xogar un mundial.





Gaby e Kika falaron cos pícaros de 1ºA de Primaria das súas experiencias no mundo do fútbol, da súa fichaxe polo Depor, etc., e con moi bo humor responderon as mil e unha preguntas destes pequenos xornalistas.





Ademais, todos quedamos marabillados cando estas dúas estrelas do balón nos amosaron algúns videos cos seus mellores goles coa selección de Venezuela.





Tamén Silvia Mérida, internacional coa selección española e estudante de 1º de Bacharelato no Fogar, volveu pola biblioteca para manter un novo encontro con alumnos de Primaria. 



Os pícaros de 3ºA, 3ºB e 5ºB, desfrutaron coas experiencias que lles contou esta central malagueña, que falou dos seus inicios no fútbol, das súas etapas en equipos como o Atlético de Madrid ou o Sporting Huelva, dos seus mellores e peores momentos no deporte...






E precisamente o deporte seguirá a estar moi presente no día a día da biblioteca, por onde pasarán ao longo do curso persoas tan fantásticas como as que nos visitaron estes días, que nos viñeron amosar todo o que nos pode achegar ese mundo. Compañeirismo, solidariedade, superación, amizade, esforzo, diversión. Estas foron algunhas das palabras que Gaby, Kika e Silvia trouxeron á biblioteca.

A todos aqueles que vos apeteza desfrutar de bo fútbol, vos animamos a que vaiades ver o próximo partido do Deportivo Abanca, que se disputará mañá xoves ás 20:15 en La Grela 1. Nese encontro, correspondente á Copa Galicia, o Depor enfrontarase a outro dos grandes equipos da nosa cidade: o Victoria. No campo poderedes ver en acción a Silvia, a Kika, a  Gaby, e a outras xogadoras como a galega Tere Abelleira, subcampiona de Europa Sub-17 a tempada pasada, e que acaba de ser convocada pola selección española Sub-19.







No hay comentarios:

Publicar un comentario