Javier Blanco: «Os
hostaleiros traballan cando os demais desfrutan»
Javier Blanco Villaverde é un hostaleiro tradicional,
propietario dun restaurante na Coruña e CEO dunha empresa de pratos preparados.
MANUEL PLATAS ROA (2º ESO B)
Como foi a túa infancia?
Eu son fillo de emigrantes; a miña infancia forxouse en
Londres e foi unha infancia moi feliz.
Entón, foi na túa xuventude cando
decidiches traballar na hostalería?
Non, cando estaba a piques de rematar a carreira de Informática,
deime conta que prefería quedar no negocio de meus pais e probar no mundo da
hostalería.
Como terías imaxinado a túa vida se
non te dedicases a traballar no restaurante?
Moito peor, xa que é unha alegría ver que a xente lle
gusta vir comer á miña casa.
Foron duros os comezos d’A Cepa?
Si, foron moi duros; meus pais fixeron moito esforzo e
grazas a iso temos un traballo digno e próspero.
Na túa mocidade sabemos que formabas
parte dun «grupo» de música, por que non decidiches estudar música no Conservatorio?
A verdade é que era tan malo que nin o pensei.
En que momento decidiches expandir o
teu negocio A Cepa na Casa, a túa empresa de pratos preparados?
Na pandemia, xa que os restaurantes estaban pechados,
tivemos que buscar unha nova saída.
O teu traballo afectou moito á túa
vida persoal?
Totalmente, os hostaleiros cando máis traballan é cando
os outros desfrutan; sacrifiquei moitas horas de estar coa miña familia.
Na túa vida na hostalería non todo
foi un camiño de rosas, non?
Non, o peor é ter que despedir a xente que traballa
contigo ao comezar proxectos que non resultan exitosos.
Que pensas dos deportes que fan os
teus fillos?
Encántanme, simplemente son os deportes favoritos dos
meus fillos.
Gustaríache que os teus fillos
tomaran o teu relevo n’A Cepa?
Non, encantaríame que os meus fillos tiveran a
oportunidade de facer o que lles gusta e pasar tempo coa súa familia.