VINTE ANOS TRABALLANDO NA LONXA DA CORUÑA
Rogelio Sabio Barreiro
traballador da Lonxa da Coruña por máis de vinte anos, cóntanos o seu día a día
no traballo e o que implica.
Cloe
Sabio Dubra (2º ESO B)
A que te dedicas?
Traballo
na Lonxa da Coruña.
En que consiste o teu traballo?
O
meu traballo consiste en organizar as descargas de peixe e as posteriores
vendas do mesmo e tamén asegurar a orixe dese peixe.
Cantos anos levas traballando na Lonxa da Coruña?
Levo
traballando dende o ano 2004 (na inauguración da Lonxa); polo tanto, levo mais
de 20 anos.
Como chegaches a traballar a Lonxa da Coruña?
No ano 2004 entrei a traballar como vixilante
de seguridade e aos tres meses colléronme para o cadro de traballadores da Lonxa
da Coruña.
Cal é o teu horario de traballo?
O
meu horario de traballo é nocturno. Sempre empeza ás 12 e acaba ás 8 da mañá,
que é cando finalizan as vendas.
Cantos traballadores hai na Lonxa?
Na
Lonxa como empresa somos 20 traballadores, contando a xente que traballa no
mantemento, oficinas etc.
E cantos realizan a mesma función ca ti?
Eu
pertenzo ao departamento que se chama de cancha, que somos os encargados, como
dixen anteriormente, de organizar as descargas de peixe e as posteriores vendas;
en total, somos seis persoas.
Canto peixe chega a diario á Lonxa?
Depende,
non sempre chega a mesma cantidade de peixe xa que inflúen moitos factores como
é o tempo, o día da semana etc. Tamén as capturas dos barcos nunca son as
mesmas. Pero normalmente hai moito pescado.
Que é o que máis che gusta do teu traballo?
Sen
dúbida, o que máis me gusta é que é un traballo moi dinámico e tes que tratar
con moita xente e non é para nada aburrido.
E o que menos?
Non
hai nada que non me guste do meu traballo pero, se teño que dicir, sería o horario;
pero acábaste acostumando.
Consideras que calquera podería facer o teu traballo?
Si, por suposto, eu creo que calquera pode
facer calquera traballo, sempre que teña unha boa formación e boa experiencia.
Que mellorarías do teu traballo?
Eu
creo que o que melloraría sería as comunicacións entre lonxas.