lunes, 9 de febrero de 2026

Entrevista a David López

 

David López: «A miña gran afección é o mundo do motor»


David López Cao é un fontaneiro de 38 anos que vive en Santiago de Compostela pero que naceu nunha pequena aldea de Boimorto. Nesta entrevista fálanos da súa gran paixón ou afección da súa vida: «o mundo dos coches e a mecánica».

 

Carolina Díaz López (2º ESO A)

 

Por que decidiches ou que che impulsou a traballar de fontaneiro?

Pois a verdade non foi algo buscado, foi un tema que xurdiu e co paso dos anos acabou sendo o meu traballo.

 

Gústache o teu traballo? Se puideras cambiar algo, que sería?

Si, en xeral si que me gusta, pero a verdade si que hai algúns traballos que son bastantes duros fisicamente e creo que iso é o que cambiaría.

 

Que tiveches que estudar para exercer esta profesión?

No meu caso empecei con 18 anos e non estudei nada. Todo o que sei e aprendín ata agora foi a base do propio traballo e á práctica.

 

Cantos anos levas neste oficio?

Pois como mencionei antes, empecei con 18 anos e ata a data que agora teño 38, xa levo 20 anos neste traballo.


Considéraste bo no teu traballo?

Si, a verdade considérome un bo profesional, pero creo que en todos os traballos se aprende algo novo cada día e sempre se pode mellorar.

 

Estás contento en xeral coa xente coa que traballas, tanto os clientes como compañeiros e xefes?

Pois, en xeral, si pero ao longo dos anos sempre hai pequenas disputas e días mellores e peores. Ao final estamos nun ambiente laboral onde iso é secundario.

 

Cal é a túa gran paixón ou afección? Por que?

A miña gran afección é o mundo do motor porque xa desde pequeno foi algo que sempre me chamou a atención e sempre me gustou.

 

Gustaríache traballar como mecánico ou incluso ter o teu propio taller?

A verdade non che sabería dicir moi ben. Ao final parte do hobby tamén forma facer mecánica pero aínda así creo que non me gustaría mesturar o traballo coa afección.

 

Cantos coches tiveches ao longo da túa vida?

Pois uns catro ou cinco coches e algunha moto. Todos de diferentes marcas e modelos.


En relación con esta afección, gústanche os deportes relacionados cos coches e motos?

Si, gústanme todos os deportes que están relacionados co mundo do motor e gústame velos e compartilos con compañeiros e amigos da afección.

 

Para rematar…

Invistes moito tempo da túa vida no teu hobby?

Pois sempre que o traballo mo permite, si. Intento desfrutar do meu hobby, sobre todo na fin de semana que é cando máis tempo libre teño.