viernes, 21 de mayo de 2021

ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 


José Manuel naceu na Coruña no ano 1975. Cando era rapaz e xogaba ó fútbol no patio do Fogar Santa Margarida, nunca pensou que sería militar e un bo día tería que ir á guerra. Foi unha moi experiencia interesante.

 

Roi Moreno García (1º ESO E)

 

A cantos anos empezou a traballar e en que?

Empecei a traballar ós dezaseis anos. Un bo día, canso xa de estudar e sen moitas gañas diso, decidín deixar os estudos e decirllo ó meu pai. Meu pai díxome que non había problema pero que entón tiña que aprender un oficio e poñerme a traballar. O día seguinte falou cun amigo seu que tiña unha ebanistería e comecei a traballar de aprendiz de ebanista.

 

Era mal alumno xa que empezou a traballar cedo?

A verdade é que mentres me gustaba o colexio e estudar non era mal estudante. O que pasa é que o último ano, ó non estar motivado, comecei a sacar malos resultados. Cousa da que me arrepentiría co paso dos anos, por ter que retomar xa de máis maior de novo os estudos.

 

Cantos traballos tivo e cales?

Pois na miña vida tiven dous traballos. O que xa che comentei antes de aprendiz de ebanista e logo, a raíz de ter que facer o servizo militar, o meu traballo actual de militar de carreira.

 

Xa que é militar, foi a algunha guerra?

Pois por sorte ou desgracia, si, fun varias veces a intentar axudar a pór fin a algunha guerra. Para especificarche máis, fun en dúas ocasións á guerra de Bosnia Herzegovina e, noutra ocasión, á guerra de Kosovo.

 

Como se sente un na guerra?

Pois no eido profesional é unha experiencia moi enriquecedora. Logo, a nivel persoal é bastante duro por todas as cousas que conleva o feito de estar inmerso nunha guerra, coas súas penurias, desgrazas e atrocidades que se cometen nelas. A súa parte positiva é que aprendes a ver e a apreciar a vida de outra maneira que non facías antes.

 

Canto tempo estivo nelas?

A primeira vez que estiven en Bosnia botei un total de sete meses e medio. A segunda vez que estiven, botei un total de seis meses. E, na última misión que estiven foi a de Kosovo, botei outros seis meses. Como na maioría das cousas nesta vida, a primeira vez sempre é a máis difícil, dura, complicada e longa.

 

Ser militar só implica ir á guerra?

A misión dun militar non ten que ser ir á guerra. Como tal, a primeira e máis importante das nosas misións é a defensa do noso territorio e da nosa soberanía nacional. Tamén dentro das nosas tarefas están todas aquelas que nos encomendan as autoridades segundo as necesidades que o momento requira (apagar lume, inundacións, nevadas, catástrofes e situacións nas que se nos chame para axudar como, por exemplo, agora nesta larga pandemia que vivimos).

 

Que fai agora no seu traballo?

Pois despois de cambiar varias veces de destino e poder voltar para a miña terra, agora atópome destinado na Coruña na unidade do Cuartel Xeral do Mando de Apoio a Manobra da Forza Terrestre, desenvolvendo tarefas administrativas nunha oficina.

 

Como son as probas físicas do exército?

As probas físicas dependeron sempre da demanda/oferta que houbera nese momento para entrar no exército. Cando eu entrei, eran unhas probas normais. Logo, houbo uns anos que foron máis asequibles e, na actualidade, debido ó pouco emprego que hai, son máis esixentes.

 

A que idade se pode xubilar un militar?

Moito depende da escala á que pertenzas. No meu caso xubílome coma a maioria dos traballadores, podendo pasar á reserva un pouco antes; en concreto, ós cincuenta e oito anos.

 

E para rematar recomendaríalle á xente ser militar?

Eu recomendaríallo a todo o mundo que lle gusten uns valores de compañeirismo, amizade, sacrificio polos demais, estar disposto permanentemente para o seu país, que queira ter unha vida diferente, chea de emocións fortes e experiencias inolvidables, ter unha boa formación tanto física coma intelectual. E o máis importante, ter vocación para iso.

 

Esta é a historia de José Manuel, un exalumno do Fogar de Santa Margarida, na que aprendemos que a vida dá moitas voltas e un nunca sabe cal vai ser a súa vocación nin o que lle deparará o futuro.


ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

A vida cincuenta anos atrás

 


Hoxe botamos una ollada á vida de hai cincuenta anos. María Dolores Fernández cóntanos como foi a súa infancia nos anos 70. Ela pasou de estudar nunha escola dunha pequena vila a un grande internado nunha gran cidade. E iso é tan só a súa formación académica. Tamén falaremos sobre a comida, os xoguetes…

 

CANDELA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ (1º ESO E)

 

Como era a escola hai 50 anos?

As escolas rurais hai cincuenta anos constaban de dúas aulas. Unha para os nenos e outra para as nenas. Non se compartía nin tan sequera o recreo. Os pupitres eran de madeira e eran corridos. Había oito alumnos en cada fila. Cada dous asentos tiñan un buraco para colocar os tinteiros.

 

Que tipos de materiais utilizaban para ir á escola?

O noso material didático constaba dun libro que se chamaba O Parvulito e a Enciclopedia de Primer, Segundo y Tercer Grado. Para escribir, unha pizarra e un pizarrín. Todo reutilizable. (Ri). Ter una libreta, un lapis e goma era un luxo.

 

As fins de semana, descansabades ou traballabades?

A única diferenza co resto dos días da semana era non ir á escola. Había máis tempo para xogar pero aínda así había que colaborar coas tarefas da casa.

 

E como eran os xoguetes?

Pois realmente había moi poucos xoguetes fabricados. O que se podía comprar normalmente eran balóns e monecas. O resto facíamolos na casa. Había monecas, balóns e tamén canicas, que eran un tesouro. (Ri)

 

Que era o que adoitabades comer nesa época?

Pois daquela solíamos comer do que nos daba o campo. A mellor merenda era pan con chocolate e, por suposto, o pan era feito na casa.

 

Completou toda a súa educación na escola rural?

Non, ós oito anos marchei interna a un colexio de monxas en Ourense. O cambio foi radical. Pasei dunha pequena escola e dunha pequena vila (A Pobra de Trives) a un gran colexio e unha gran cidade.

 

Como era a educación e a vida alí comparado coa escola rural?

Completamente diferente. A vida no internado era moi disciplinada e cuns horarios moi estritos. As aulas eran moito máis grandes e dispoñíamos de material escolar novo como as diapositivas e incluso tíñamos un cine.

 

En canto ós profesores, como eran?

Algunhas materias impartíanas as monxas e outros profesores viñan de fóra do colexio. Daquela o castigo físico estaba totalmente tolerado. Podías quedar dúas horas de xeonllos perfectamente. De feito, ás veces atabánme as trenzas ás cadeiras.

 

Cóntenos algunha anécdota con algún profesor.

Sen dúbida da que máis me acordo. (Ri). Tiña dez anos e estaba lendo a escondidas na biblioteca cando de repente se abriu a porta e apareceu a Madre Luísa. Cando a sentín entrar, agocheime detrás da estantería e, ó sentir que se aproximaba, saltei pola ventá que daba á terraza con tan mala sorte de caer e esguinzar o pé. Estiven tres meses sen poder entrar á biblioteca e un mes sen poder sair do internado porque non podía camiñar. (Ri).

 

Cre que cambiou moito a vida nestes anos?

Realmente si. Hai cousas mellores como os métodos de aprendizaxe e a tecnoloxía. E, por outra parte, non son tan positivos xa que fomentan a individualidade.

 

Realmente foi moi interesante falar da vida pasada dos nosos familiares e coñecer os costumes que tiñan. A vida evolucionou moito, positivamente e negativamente como nos conta María Dolores.


jueves, 20 de mayo de 2021

ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

“Na vida hai que traballar duro para obter a recompensa”

 


Marcelino Bértoa Carracedo (19 outubro 1971, Cumiáns, Montemaior, A Laracha) traballador nunha empresa de gasóleo chamada Codisoil, que está dentro de Repsol. Dende moi pequeniño traballa moitas horas no día. Cando era tan só un neno, tiña que todos os días levantarse ás seis da mañá para muxir as vacas. Logo, ía arreglarse para ir á escola. Seus pais non o criaron, eles marcharon traballar fóra. Ten unha irmá e seguen vivindo xuntos a día de hoxe. Os seus avós foron quen os criaron e viviron ata moi lonxevos. Chegaron a ser centenarios.

 

Sabrina Varela Pereira (1º ESO C)

 

Como comezou a andar cos camións?

Comecei a andar cos camións porque non encontraba traballo do meu oficio que tiña antes. Entón, pois, contratáronme de transportista de gasóleo.

 

Algunha vez traballou doutra cousa?

Si, traballei de mecánico no concesionario da Ford en Carballo. Tamén de zapateiro cando era máis rapaz. Despois tiven unha tempada de transportista de áridos por aquí pola zona de Galiza e agora levo cinco no tema do gasóleo. Xa traballei en dúas empresas.

 

Oín que traballaba moitas horas, é certo?

Si, é certo, dependendo do día que hai máis pedidos ou menos. Hai algún día no ano que traballamos só pola mañá e outros ata as 11 da noite.

 

Cantas horas diariamente?

Entre 12 e 13 diariamente, unha barbaridade. Pásanse moito os meus xefes. ‘Tou farto!!!!!!

 

Cando era pequeno con quen vivía?

Vivía cos meus avós e coa miña irmá ata hai dous anos cando me morriu a miña avoa. E tamén tiñamos na casa 17 gatos e 2 cadelos. (Ri).

 

Onde ían seus pais?

Meus pais ían en Suiza por traballo. Nesa época en España non había moito traballo; entón, tiveron que marchar e criáronme meus avós.

 

Ata que idade viviron os seus avós?

Chegaron a ser lonxevos. Meu avó ata os 101 anos, como os 101 dalmatas (ri), e miña avoa ata os 99.

 

Normalmente cantos quilos pesa o seu camión de gasóleo?

Este camión que levo agora pesa moito menos ca o que levaba antes. O de agora pesa 16.000 kl pero o de antes pesaba 22.000.

 

Cando era pequeno era bo estudante?

Non, a verdade é que non porque os profesores non explicaban as leccións de maneira que todos entenderamos.

 

Como eran as súas notas?

Pois non moi boas, a verdade. Algún ben, un suficiente e bastantes suspensos (ri), máis ou menos así.

 

Non ten medo cando anda co camión?

Non. A ver, un pouquiño si porque se me poño a pensar podo ter un accidente mui grave e no peor dos casos morrer. Pero normalmente non teño medo.

 

Que quería ser de maior?

Eu de maior quería ser mecánico. Conseguino porque son mecánico, pero agora xa non estou tan contento. Gustaríame ser agora como policía, garda de seguridade... algo así polo estilo.

 

Por que quería ser mecánico?

Porque me gustaba desarmar cousas e volvelas a armar, arreglalas e a mecánica en si.

 

Por que traballa no que traballa?

Porque saquei o carné de mercandorías perigosas e contratáronme para traballar nesta empresa. Tamén porque pagan máis aquí que noutro lado.

 

E así é como foi e como é a vida de Marcelino Bértoa, que traballa moi duro cada día xunto coa súa irmá Otilia.


ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

Unha vida salvando vidas

 


Antonio Gentile, un home de 70 anos, cóntanos como foi o seu traballo dende que tiña 20 anos ata os 53 anos, mentres que era pai de dúas nenas chamadas Daniela e Valeria xunto coa súa muller Isabella.


SABRINA VERGARA GENTILE (1ºESO B)


Cal era o seu oficio?

Eu, cando era máis novo, comecei sendo militar. Uns anos máis adiante, pasei a oficial e logo a xeneral. Á idade de 28 anos comecei a ser piloto de helicóptero para facer rescates a xente que non podía ser recatada dende terra.

 

Pódeme contar algún dos rescates que tivo que facer?

Si, un dos meus rescates foi o caso dunha muller que estaba facendo turismo xunto ao seu marido ao borde dun volcán. A muller tropezou e caeu no volcán. Tivo a sorte de caer sobre unha pedra se non… E o único método que podía salvala era o helicóptero. Cando cheguei co helicóptero, baixei un arnés e púxoo ela soa. Leveina ao hospital e alí atendérona os médicos. Por sorte non fora moito. Rompera unha perna e tiña algunhas feridas, pero podería ter sido moito máis grave.

 

Teño entendido que tiña que cambiar de lugar cada certo tempo. É así? Se é así, en cantos lugares estivo?

A verdade é que si. Hai que viaxar cada certo tempo, non todos os militares, tres ou catro anos máis ou menos. A min tocoume ir a Nápoles durante catro anos. Alí tiven que facer rescates de atentados e caídas graves como no rescate que contei antes. Agora estas cousas xa non pasan, pero antes si.

 Despois de Nápoles fun a Roma outros tres anos. Alí era parecido a Nápoles. A verdade é que é un pouco máis tranquila. Logo estiven en Milán dous anos e outros tres en Malta. Alí tiven que rescatar un home de ser afogado porque o seu barco bateu contra unha rocha e rompeu a parte de abaixo. O barco comezou a afogar e os mariñeiros quedaron no mar cun salvavidas. A garda costeira avisounos de que xa non había radar daquel barco. Así que fun eu co helicóptero salvalos. Eles, por sorte, non sufriron moitos danos.

Cando deixei Malta volvín a Manfredonia e alí quedei a vivir. Xa en Manfredonia tiven que ir un ano a Estados Unidos onde aprendín a pilotar un avión que se manexaba dende a terra (coma os drons actuais) para despois levalo a Irak a axudar as forzas da OTAN nunha misión que durou outro ano.

 

Cal foi o momento máis duro?

A verdade é que o traballo en si é duro. Pero eu creo que ver as persoas sendo rescatadas, familiares pasándoo tan mal é unha sensación horrible. Por exemplo, unha vez tiven que rescatar unha persoa que estaba facendo senderismo por unha montaña coa súa familia. Ela tropezou e caeu. A muller abriu a cabeza e rompeu un brazo. Cando os fillos e o marido se enteraron, os nenos comezaron a chorar mentres corrían a ver a súa nai. Aqueles momentos son moi duros.

 

Que era o que máis lle gustaba do seu traballo?

Mmm... a verdade, gustábanme moitas cousas do meu traballo. Pero se teño que dicir unha diría que pilotar. Encantábame. A sensación de ir voando é máxica.

 

Agora está xubilado, non? Que fai?

Si, estou xubilado. Agora teño moito tempo libre como comprenderás. Eu, a verdade é que fago moitas cousas como, por exemplo, cociñar, pasear coa miña muller, saír en barco… Son unha persoa á que non lle gusta estar sentado sen facer nada. Así que, en canto podo, saio co barco ou vou pasear polo paseo marítimo.

 

Xa para rematar, como é a súa vida agora?

A verdade é que podería ir mellor. As miñas fillas viven lonxe. Unha delas non vive nin sequera en Italia. E a miña muller non está ben. Entón... Pero polo resto, como xa dixen antes, fago moitas cousas que me axudan a esquecer.

 

Antonio Gentile descubriunos o que é ser xeneral e piloto de rescates.



miércoles, 19 de mayo de 2021

ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

"Emigrei porque quería un futuro mellor"

 


Manuel Tieso Franco ten 81 anos e está casado con María del Carmen. Cando era pequeno xogaba ás canicas e á buxaina. A el encántalle saír a pasear e falar cos seus amigos.

 

Paula Tieso Guimaraes (1º ESO B)

 

Onde naceu?

Nacín na provincia de Pontevedra, en Pintos, Marcón.

 

Como se chamaban seus pais?

Meus pais chamábanse Enrique e Carmen.

 

Ten irmáns? Cantos e como se chamaban?

Si, teño tres irmás e chámanse Rosalía, Aurelia e Lola.

 

A onde emigrou?

Emigrei a Venezuela.

 

 Cantos anos tiña cando emigrou?

Tiña dezaoito anos.

 

Por que decidiu emigrar?

Porque quería un futuro mellor.

 

Como coñeceu a súa muller?

Viviamos na mesma rúa.

 

En que traballou?

Traballei de carpinteiro.

 

Por que decidiu traballar diso?

Porque traballara de mecánico e non me gustaba e decidín traballar na carpintería.

 

Por que decidiu volver a Galicia?

Porque a situación en Venezuela non era boa.

 

Gústalle a música?

Si,  gústanme as rancheras e os merengues.

 

ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

“Nunca pensei de traballar tanto”

 


Ángel Solís Suárez arrasa co seu traballo xa que fai un horario dende as 7:30 am ata as 8:30 pm. El di que é o empresario de boa calidade, xa que fai máis de trinta vendas á semana. Non traballa el só, ten moitos empregados. O primeiro que contratou era un home chamado Fidel e tamén ten a súa muller Belén Suárez Antelo, que traballa moi ben.

 

RUBÉN SOLÍS SUÁREZ (1º ESO B)

 

Que servizo ou produto ofrece a súa compañía?

A miña empresa ofrece calefacción e enerxías renovables, mantementos e instalación de fontanería, gas e reformas. Facemos unhas boas vendas. Tamén ofrecemos vendas de caldeiras, quentadores, billas e máquinas de aire acondicionado e instalámolas tamén.

 

Por que se quixo dedicar a isto?

Eu en realidade non me quería dedicar a isto, pero foi o que mellor me caeu. Pouco a pouco foime gustando. Estudar un pouco máis para innovar o oficio.

 

Cal é o problema que está resolvendo?

Hoxe o que máis resolvemos e o que estamos a traballar é a enerxía renovable en vivendas unifamiliares e edificios e tamén paneis fotovoltaicos.

 

Con cantos anos empezou a traballar nisto?

Con dezaseis anos empezei a traballar e, ao mesmo tempo, estudando para sacar os carnés de profesionais para poder dar de alta as instalacións tanto de fontanería como de calefaccións, etc…. Que foi por onde empecei. Pouco a pouco fun aprendendo máis e traballando con varias empresas ata que cumprín os vinte e seis anos e ós vinte e sete xa me puxen pola miña conta.

 

Cando empezou a formar a súa empresa?

A miña empresa foi feita desde o 2003, que empecei eu só, e ó cabo de dous anos fomos aumentando pasiño a pasiño con moito esforzo. Agora somos uns cantos máis.

 

Cantos clientes ten neste momento?

Os clientes non son sempre os mesmos, como é unha empresa de servizos de traballos para promotoras.

 

Angel Solís demostrou ser un dos poucos homes en formar unha boa empresa en poucos anos.


martes, 18 de mayo de 2021

ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

Antonio Fondo, un galego viaxeiro polo mundo

 


Antonio é profesor de Secundaria, voluntario de Cáritas e de cando en vez colabora con algún blog ou con algún xornal.

 

ENRIQUE MERA ESTRAVIZ (1º ESO A)

 

Como se chaman os blogs cos que colabora?

cazatesouros.blogspot.com e ofarodesofía.blogspot.com

 

Cal é a temática destes blogs?

Estos dous blogs versan sobre diferentes temas culturais vinculados co noso instituto (Eusebio da Guarda). Tócanse temas tan variados como: música, literatura, viaxes e no caso ofarodesofía.blogspot.com tamén é voceiro da nosa biblioteca.

 

Que tipo de escritos fai?

A min gústanme os descritivos, os que describen a paisaxe mesturando coa emoción e o sentimento. Intento transmitir paisaxes sublimes da nosa terra.

 

Á parte disto usa algún outro xénero literario?

Co motivo da pandemia e o confinamento demos cabida ao xénero da entrevista titulado: “Os rostros da crise”. Nesta sección fómoslle dando voz aos diferentes profesionais e demais persoas que estaban en primeira liña.

 

A que profesionais ían dirixidos estas entrevistas?

Antonio, un camionero de rutas internacionais. Julia, unha enfermeira en Canarias. Lorena, Manuel e Raquel, traballadores dos supermercados. Miluca e Lola, voluntarias de Cáritas. Irma Macías, vocalista de Luar na Lubre, dándolle voz ao mundo musical. Estas entrevistas están recollidas en ofarodesofía.blogspot.com.

 

Algún outro escrito que destaque polo seu simbolismo para vostede?

Algún de tipo autobiografico publicado en La Voz de Galicia, edición de Carballo, e outros sobre as romarías e festas ao longo dos tempos para un especial das festas de Vimianzo (agosto no ano 2018)

 

Ten participado nalgunha outra tarefa relacionada co mundo editorial?

Teño participado na edición e na organización de diferentes xornadas e congresos da AGH (Asociación Galega de Historiadores) e tamén da Archicofradía do Apóstolo Santiago. Tamén participei no servizo de documentación e redación da revista de ámbito xacobeo Compostela dende o 1993 ata o 2014.

 

É certo que lle gusta viaxar?

Si, e sobre todo organizar estas viaxes. Nos blogs hai varios materiais destas viaxes pola xeografía galega, española, tanto co alumnado como co profesorado.

 

Como concibe as viaxes?

As viaxes deben ser un cúmulo de experiencias culturais e de convivencia.

 

Dos autores galegos hai algún que o inspire?

Para o Courel, Uxío Novoneira. Para Celanova, Manuel Curros e Celso Emilio Ferreiro. Para Padrón, Curros e Rosalía de Castro. Para Mondoñedo, Cunqueiro. E para Galicia en xeral, Ramón Otero Pedrayo, un dos grandes referentes na análise do territorio galego.

 

Cóntenos unha viaxe ao estranxeiro?

No ano 2017 fixemos un tour por Italia cuns amigos.

 

Que foi o que máis lle impresionou?

Gustoume todo. Como sensacións diferentes citarei o Pozo de Orvieto, feito cunha rampla para baixar e outra para subir, incluso con montura. Tamén desfrutamos dun baño tropical no lago di Garda.

 

En viaxes por España pode contar algunha anécdota curiosa?

Nunha viaxe con familiares e amigos no verán estivemos na vila de Don Álvaro preto de Mérida; e chamoume moito a atención unha iniciativa cultural que consistía na proxección de cine no río Guadiana.

 

Teño entendido que tamén lle gustan os percorridos culinarios. Pode compartir algún interesante?

Nunha ocasión, estando por Asturias cuns amigos, despois de visitar a cova rupestre de El Buxu, tomamos camiño cara a Tielve para desfrutar unha señora fabada, uns tortus de mazá con queixo de Cabrales. Todo isto no medio dos Picos de Europa.

 

Que opinan as súas amizades desta faceta súa?

Moitos solicitan a miña modesta colaboración para organizar viaxes e buscar aloxamento. Tamén me teñen plantexado a posibilidade de facer unha guía turística.