Unha
vida salvando vidas
Antonio Gentile, un home de 70 anos, cóntanos como foi o seu traballo dende que tiña 20 anos ata os 53 anos, mentres que era pai de dúas nenas chamadas Daniela e Valeria xunto coa súa muller Isabella.
Cal era o seu oficio?
Eu, cando era máis
novo, comecei sendo militar. Uns anos máis adiante, pasei a oficial e logo a xeneral.
Á idade de 28 anos comecei a ser piloto de helicóptero para facer rescates a
xente que non podía ser recatada dende terra.
Pódeme contar algún dos rescates que tivo que
facer?
Si, un dos meus
rescates foi o caso dunha muller que estaba facendo turismo xunto ao seu marido
ao borde dun volcán. A muller tropezou e caeu no volcán. Tivo a sorte de caer
sobre unha pedra se non… E o único método que podía salvala era o helicóptero.
Cando cheguei co helicóptero, baixei un arnés e púxoo ela soa. Leveina ao
hospital e alí atendérona os médicos. Por sorte non fora moito. Rompera unha perna
e tiña algunhas feridas, pero podería ter sido moito máis grave.
Teño entendido que tiña que cambiar de lugar
cada certo tempo. É así? Se é así, en cantos lugares estivo?
A verdade é que
si. Hai que viaxar cada certo tempo, non todos os militares, tres ou catro anos
máis ou menos. A min tocoume ir a Nápoles durante catro anos. Alí tiven que
facer rescates de atentados e caídas graves como no rescate que contei antes.
Agora estas cousas xa non pasan, pero antes si.
Cando deixei Malta volvín a Manfredonia e alí quedei a vivir. Xa en Manfredonia tiven que ir un ano a Estados Unidos onde aprendín a pilotar un avión que se manexaba dende a terra (coma os drons actuais) para despois levalo a Irak a axudar as forzas da OTAN nunha misión que durou outro ano.
Cal foi o momento máis duro?
A verdade é que o
traballo en si é duro. Pero eu creo que ver as persoas sendo rescatadas,
familiares pasándoo tan mal é unha sensación horrible. Por exemplo, unha vez
tiven que rescatar unha persoa que estaba facendo senderismo por unha montaña
coa súa familia. Ela tropezou e caeu. A muller abriu a cabeza e rompeu un brazo.
Cando os fillos e o marido se enteraron, os nenos comezaron a chorar mentres
corrían a ver a súa nai. Aqueles momentos son moi duros.
Que era o que máis lle gustaba do seu
traballo?
Mmm... a verdade,
gustábanme moitas cousas do meu traballo. Pero se teño que dicir unha diría que
pilotar. Encantábame. A sensación de ir voando é máxica.
Agora está xubilado, non? Que fai?
Si, estou
xubilado. Agora teño moito tempo libre como comprenderás. Eu, a verdade é que
fago moitas cousas como, por exemplo, cociñar, pasear coa miña muller, saír en
barco… Son unha persoa á que non lle gusta estar sentado sen facer nada. Así
que, en canto podo, saio co barco ou vou pasear polo paseo marítimo.
Xa para rematar,
como é a súa vida agora?
A verdade é que
podería ir mellor. As miñas fillas viven lonxe. Unha delas non vive nin sequera
en Italia. E a miña muller non está ben. Entón... Pero polo resto, como xa
dixen antes, fago moitas cousas que me axudan a esquecer.
Antonio Gentile descubriunos
o que é ser xeneral e piloto de rescates.
