jueves, 20 de mayo de 2021

ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

“Na vida hai que traballar duro para obter a recompensa”

 


Marcelino Bértoa Carracedo (19 outubro 1971, Cumiáns, Montemaior, A Laracha) traballador nunha empresa de gasóleo chamada Codisoil, que está dentro de Repsol. Dende moi pequeniño traballa moitas horas no día. Cando era tan só un neno, tiña que todos os días levantarse ás seis da mañá para muxir as vacas. Logo, ía arreglarse para ir á escola. Seus pais non o criaron, eles marcharon traballar fóra. Ten unha irmá e seguen vivindo xuntos a día de hoxe. Os seus avós foron quen os criaron e viviron ata moi lonxevos. Chegaron a ser centenarios.

 

Sabrina Varela Pereira (1º ESO C)

 

Como comezou a andar cos camións?

Comecei a andar cos camións porque non encontraba traballo do meu oficio que tiña antes. Entón, pois, contratáronme de transportista de gasóleo.

 

Algunha vez traballou doutra cousa?

Si, traballei de mecánico no concesionario da Ford en Carballo. Tamén de zapateiro cando era máis rapaz. Despois tiven unha tempada de transportista de áridos por aquí pola zona de Galiza e agora levo cinco no tema do gasóleo. Xa traballei en dúas empresas.

 

Oín que traballaba moitas horas, é certo?

Si, é certo, dependendo do día que hai máis pedidos ou menos. Hai algún día no ano que traballamos só pola mañá e outros ata as 11 da noite.

 

Cantas horas diariamente?

Entre 12 e 13 diariamente, unha barbaridade. Pásanse moito os meus xefes. ‘Tou farto!!!!!!

 

Cando era pequeno con quen vivía?

Vivía cos meus avós e coa miña irmá ata hai dous anos cando me morriu a miña avoa. E tamén tiñamos na casa 17 gatos e 2 cadelos. (Ri).

 

Onde ían seus pais?

Meus pais ían en Suiza por traballo. Nesa época en España non había moito traballo; entón, tiveron que marchar e criáronme meus avós.

 

Ata que idade viviron os seus avós?

Chegaron a ser lonxevos. Meu avó ata os 101 anos, como os 101 dalmatas (ri), e miña avoa ata os 99.

 

Normalmente cantos quilos pesa o seu camión de gasóleo?

Este camión que levo agora pesa moito menos ca o que levaba antes. O de agora pesa 16.000 kl pero o de antes pesaba 22.000.

 

Cando era pequeno era bo estudante?

Non, a verdade é que non porque os profesores non explicaban as leccións de maneira que todos entenderamos.

 

Como eran as súas notas?

Pois non moi boas, a verdade. Algún ben, un suficiente e bastantes suspensos (ri), máis ou menos así.

 

Non ten medo cando anda co camión?

Non. A ver, un pouquiño si porque se me poño a pensar podo ter un accidente mui grave e no peor dos casos morrer. Pero normalmente non teño medo.

 

Que quería ser de maior?

Eu de maior quería ser mecánico. Conseguino porque son mecánico, pero agora xa non estou tan contento. Gustaríame ser agora como policía, garda de seguridade... algo así polo estilo.

 

Por que quería ser mecánico?

Porque me gustaba desarmar cousas e volvelas a armar, arreglalas e a mecánica en si.

 

Por que traballa no que traballa?

Porque saquei o carné de mercandorías perigosas e contratáronme para traballar nesta empresa. Tamén porque pagan máis aquí que noutro lado.

 

E así é como foi e como é a vida de Marcelino Bértoa, que traballa moi duro cada día xunto coa súa irmá Otilia.


1 comentario:

  1. Citizen's Eco Drive Titanium Watch Watch - TITNIA
    › Watch › Citizen's_Air_Ti › Watch › titanium rings Citizen's_Air_Ti snow peak titanium flask Watch Citizen's Eco Drive Titanium Watch watches mens titanium earrings are produced with nano titanium ionic straightening iron high performance. titanium flashlight Made by T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T-T

    ResponderEliminar