Antonio
Fondo, un galego viaxeiro polo mundo
Antonio é profesor de Secundaria, voluntario de Cáritas e de cando en vez colabora con algún blog ou con algún xornal.
ENRIQUE
MERA ESTRAVIZ (1º ESO A)
Como se chaman os blogs cos que colabora?
cazatesouros.blogspot.com
e ofarodesofía.blogspot.com
Cal é a temática destes blogs?
Estos
dous blogs versan sobre diferentes temas culturais vinculados co noso instituto
(Eusebio da Guarda). Tócanse temas tan variados como: música, literatura, viaxes
e no caso ofarodesofía.blogspot.com tamén é voceiro da nosa biblioteca.
Que
tipo de escritos fai?
A min
gústanme os descritivos, os que describen a paisaxe mesturando coa emoción e o
sentimento. Intento transmitir paisaxes sublimes da nosa terra.
Á parte
disto usa algún outro xénero literario?
Co
motivo da pandemia e o confinamento demos cabida ao xénero da entrevista
titulado: “Os rostros da crise”. Nesta sección fómoslle dando voz aos
diferentes profesionais e demais persoas que estaban en primeira liña.
A que
profesionais ían dirixidos estas entrevistas?
Antonio,
un camionero de rutas internacionais. Julia, unha enfermeira en Canarias. Lorena,
Manuel e Raquel, traballadores dos supermercados. Miluca e Lola, voluntarias de
Cáritas. Irma Macías, vocalista de Luar na Lubre, dándolle voz ao mundo
musical. Estas entrevistas están recollidas en ofarodesofía.blogspot.com.
Algún
outro escrito que destaque polo seu simbolismo para vostede?
Algún de
tipo autobiografico publicado en La Voz de Galicia, edición de Carballo,
e outros sobre as romarías e festas ao longo dos tempos para un especial das
festas de Vimianzo (agosto no ano 2018)
Ten
participado nalgunha outra tarefa relacionada co mundo editorial?
Teño
participado na edición e na organización de diferentes xornadas e congresos da
AGH (Asociación Galega de Historiadores) e tamén da Archicofradía do Apóstolo
Santiago. Tamén participei no servizo de documentación e redación da revista de
ámbito xacobeo Compostela dende o 1993 ata o 2014.
É
certo que lle gusta viaxar?
Si, e
sobre todo organizar estas viaxes. Nos blogs hai varios materiais destas viaxes
pola xeografía galega, española, tanto co alumnado como co profesorado.
Como
concibe as viaxes?
As
viaxes deben ser un cúmulo de experiencias culturais e de convivencia.
Dos
autores galegos hai algún que o inspire?
Para o
Courel, Uxío Novoneira. Para Celanova, Manuel Curros e Celso Emilio Ferreiro. Para
Padrón, Curros e Rosalía de Castro. Para Mondoñedo, Cunqueiro. E para Galicia
en xeral, Ramón Otero Pedrayo, un dos grandes referentes na análise do
territorio galego.
Cóntenos
unha viaxe ao estranxeiro?
No ano
2017 fixemos un tour por Italia cuns amigos.
Que
foi o que máis lle impresionou?
Gustoume
todo. Como sensacións diferentes citarei o Pozo de Orvieto, feito cunha rampla
para baixar e outra para subir, incluso con montura. Tamén desfrutamos dun baño
tropical no lago di Garda.
En
viaxes por España pode contar algunha anécdota curiosa?
Nunha
viaxe con familiares e amigos no verán estivemos na vila de Don Álvaro preto de
Mérida; e chamoume moito a atención unha iniciativa cultural que consistía na
proxección de cine no río Guadiana.
Teño
entendido que tamén lle gustan os percorridos culinarios. Pode compartir algún
interesante?
Nunha
ocasión, estando por Asturias cuns amigos, despois de visitar a cova rupestre de
El Buxu, tomamos camiño cara a Tielve para desfrutar unha señora fabada, uns
tortus de mazá con queixo de Cabrales. Todo isto no medio dos Picos de Europa.
Que
opinan as súas amizades desta faceta súa?
Moitos
solicitan a miña modesta colaboración para organizar viaxes e buscar
aloxamento. Tamén me teñen plantexado a posibilidade de facer unha guía
turística.
No hay comentarios:
Publicar un comentario