“Nunca pensei de
traballar tanto”
Ángel Solís Suárez arrasa co seu traballo xa que fai un horario dende as 7:30 am ata as 8:30 pm. El di que é o empresario de boa calidade, xa que fai máis de trinta vendas á semana. Non traballa el só, ten moitos empregados. O primeiro que contratou era un home chamado Fidel e tamén ten a súa muller Belén Suárez Antelo, que traballa moi ben.
RUBÉN SOLÍS SUÁREZ (1º ESO B)
Que servizo ou produto ofrece a súa compañía?
A miña
empresa ofrece calefacción e enerxías renovables, mantementos e instalación de
fontanería, gas e reformas. Facemos unhas boas vendas. Tamén ofrecemos vendas de
caldeiras, quentadores, billas e máquinas de aire acondicionado e instalámolas
tamén.
Por que se quixo dedicar a isto?
Eu en
realidade non me quería dedicar a isto, pero foi o que mellor me caeu. Pouco a
pouco foime gustando. Estudar un pouco máis para innovar o oficio.
Cal é o problema que está resolvendo?
Hoxe o
que máis resolvemos e o que estamos a traballar é a enerxía renovable en
vivendas unifamiliares e edificios e tamén paneis fotovoltaicos.
Con cantos anos empezou a traballar nisto?
Con
dezaseis anos empezei a traballar e, ao mesmo tempo, estudando para sacar os
carnés de profesionais para poder dar de alta as instalacións tanto de
fontanería como de calefaccións, etc…. Que foi por onde empecei. Pouco a pouco
fun aprendendo máis e traballando con varias empresas ata que cumprín os vinte
e seis anos e ós vinte e sete xa me puxen pola miña conta.
Cando empezou a formar a súa empresa?
A miña
empresa foi feita desde o 2003, que empecei eu só, e ó cabo de dous anos fomos
aumentando pasiño a pasiño con moito esforzo. Agora somos uns cantos máis.
Cantos clientes ten neste momento?
Os
clientes non son sempre os mesmos, como é unha empresa de servizos de traballos
para promotoras.
Angel
Solís demostrou ser un dos poucos homes en formar unha boa empresa en poucos
anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario