domingo, 21 de enero de 2018

TRABALLANDO OS CLÁSICOS: OS TRES PORQUIÑOS

En 5º de Infantil andan a traballar os contos clásicos, polo que, como agasallo, decidimos prepararlles unha sesión de contacontos moi especial, protagonizada por Juan, Claudia, María Estela, Aitana, Diego e Pablo, de 5ºB de Primaria.



Este grupo de actrices e actores xeniais dramatizaron para os tres grupos de 5º de Infantil o conto clásico Os tres porquiños, na versión que Raquel Méndez e Helga Bansch realizaron para OQO Editora.



Nestas sesións, os pícaros de 5º de Infantil desfrutaron, moi atentos, do contacontos:











A continuación, debatemos sobre a historia e a mensaxe que esta nos transmitía. Finalmente, coloreamos uns debuxos alusivos ao conto que acabábamos de escoitar.









Tal e como amosa a foto de abaixo, sen dúbida, unha das persoas que máis desfrutou con esta actividade foi Vega, que puido ver actuar ao seu irmán Juan, no papel de Lobo Feroz.



Nas vindeiras semanas continuaremos a representar para o alumnado de Infantil este e outros contos clásicos, como O traxe novo do emperador ou A ratiña presumida.



No hay comentarios:

Publicar un comentario