A pasada semana tivemos unha visita moi especial: a de Francisco e María Elena, papás de Alejandro, alumno de 2ºA de Primaria. Francisco, natural de Portugal, veu falarnos do seu país: da súa cultura, das súas costumes e tradicións, das cidades máis importantes, dos monumentos máis emblemáticos... A amabilidade e o bo humor cos que estes dous papás xeniais se achegaron a nós, só nos fan desexar unha cousa: que volvan pronto a visitarnos!
Desde aquí queremos darvos as grazas, Francisco e María Elena, por amosarnos Lisboa, Porto, o Paço da Pena, o Bom Jesús ou a Alfama; por facernos desfrutar co Fado; por falarnos do Benfica e de Eusebio; e, en resumo, por levarnos, coa vosa voz, de viaxe no elétrico 28 (o favorito de María Elena) polo noso país irmán.
Dá gusto compartir Centro con xente coma vós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario