Este trimestre, en 5ºB, continuaremos a traballar no proxecto "UN FOGAR DE PAÍSES", e logo de investigar sobre Venezuela, agora nos imos centrar no Brasil. O tema fundamental sobre o que imos procurar información vai ser: o carnaval no Brasil. Mais antes de comezar, decidimos ollar para a nosa terra e investigar sobre o noso Entroido, tarefa á que se dedicaron Candela, Aitana, Bárbara, Estela e Olaia. Este grupo de investigadoras nos achegou ás principais características do Entroido, como as comidas máis típicas ou as figuras máis características.
Así, este paseo polos lugares fundamentais do Entroido, como Verín, Xinzo ou Laza, nos permitiu coñecer personaxes que nos abraiaron, como os Peliqueiros, os Cigarróns ou as Pantallas. Aquí vos deixamos unha mostra dos que máis nos chamaron a atención:
|
Cigarróns de Verín
|
|
Peliqueiros de Laza
|
|
Pantallas de Xinzo de Limia
|
|
Boteiros de Viana do Bolo |
|
Xenerais do Ulla |
E logo de percorrer o noso Entroido, fixemos unha primeira achega ao Carnaval do Brasil, a través dunha das súas principais características: o baile. Aitana, Candela, Estela, Olaia, Claudia e Inés, como se de auténticas bailarinas dunha escola de samba se tratase, danzaron ante os seus compañeiros nun anticipo dunha sesión que terá lugar proximamente, momento no que as mamás de tres dos alumnos deste grupo, Ángelo, Emily e Daniel, todas elas nadas no Brasil, visitarán o Fogar para achegarnos ao Carnaval do Brasil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario