sábado, 27 de enero de 2018

UNHA TARDE CO GRILO MÍLLELO... E COA SÚA AUTORA

Este xoves, os pícaros de 5º B e C de Infantil viviron un momento moi especial na súa visita semanal á biblioteca. Todos eles desfrutaron co álbum O grilo Míllelo, publicado por Edicións Embora, e, para lerllo, ninguén mellor que a súa autora: Icía Varela Gómez, estudante de 2º de Bacharelato no noso colexio.



Icía, primeiro, leu este divertido conto para as nenas e os nenos:



Despois, e xa que no álbum aparecen distintos insectos, decidiu averiguar canto sabía de insectos o público asistente, para o cal se serviu de diferentes libros da nosa biblioteca. Así repasamos o marabilloso mundo das abellas, das cascudas, das moscas, das bolboretas...




Para rematar a sesión, Icía, decidiu cantarnos a canción do Grilo Míllelo, interpretando a melodía creada para o álbum:



Aos que aínda non coñezades este libro, escrito por Icía Varela Gómez e por Xosé Manuel Varela, e ilustrado por Xosé Tomás, vos recomendamos que pasedes pola biblioteca a lelo.



E para despedirnos, aquí vos deixamos unha mostra da outra faceta da vida de Icía: a música. Sen dúbida desfrutaredes escoitando esta voz que os afeccionados a Bamboleo, da TVG, coñecerán logo do seu paso por este programa. Aquí tedes o seu último vídeo, dirixido por outro dos alumnos do Fogar, Diego Pampín, e no que aparecen diferentes estudantes do noso colexio.








GuardarGuardarGuardarGuardar
GuardarGuardar

No hay comentarios:

Publicar un comentario