martes, 30 de enero de 2018

VISITAMOS VENEZUELA CON MÓNICA

A pasada semana visitounos Mónica, mamá de Christian, alumno de 3ºB, que nos levou de viaxe por Venezuela, país no que naceu e no que viviu moitos anos.



Grazas a ela percorremos as rúas da capital, Caracas; coñecemos os traxes máis típicos, como o liquiliqui; contemplamos as fermosas praias venezolanas, como Cayo de Agua ou Playa Medina; nos abraiamos co Salto Ángel, o salto de auga máis alto do mundo; e falamos do deporte nacional: o béisbol.





E por se todo isto fose pouco, puidemos degustar estas delicias tipicamente venezolanas que nos preparou...



Porén, aínda que todo isto nos encantou, o momento que máis nos emocionou foi cando nos falou da súa cidade, Barquisimeto, a cuarta máis poboada de Venezuela. Aquí vos deixamos algunhas fotos  de Barquisimeto e dos lugares e edificios máis representativos da cidade, dos que nos falou...

Vista xeral da cidade

Catedral Metropolitana

Obelisco

Centro Cultural Flor de Venezuela


Moitas grazas, Mónica, por todo o que nos ensinaches e polo bo humor co que o fixeches.


No hay comentarios:

Publicar un comentario