“Na miña infancia xogabamos na rúa”
Consuelo Fernández Mouriño, natural da Coruña, ten 65 anos. Entrevistámola para saber un pouco da antiga sociedade do século XX e dos seus gustos e oficios xerais da xente.
Diego Delgado Morales (1ºESO E)
Cóntame un pouquiño da túa infancia, Chelo.
A miña infancia. Nacín na Coruña, crieime na
rúa Noia e tiven unha infancia moi feliz (afirma coa testa) porque xogabamos na rúa. Xogabamos á comba, á mariola...
Ou sexa, unha infancia moi feliz.
A que
colexio foches? Rifábanche?
Empecei nun que había na rúa San Vicente e
despois fun á academia “Doña Marujita Puga”. E si, si que me rifaban.
Como viviches o cambio
dende a rúa Noia ata a Ronda de
Outeiro?
Mal, sentíame moi triste, moi soa porque antes
Os Mallos estaban sen construír. Era todo terra e parecía moi lonxe.
E que
pasou despois, cóntame
un pouco da túa vida?
Pois nada. Viñen a vivir a aquí e pasei dende
os dez anos ata agora. Toda a miña vida practicamente.
Cando coñeciches
o teu home?
O meu home coñecino pola miña amiga Lili (era seu
irmán). Onde o coñecín, se son sincera, non me lembro. Coñecina a ela e despois coñecino a el. Pero non nun sitio concreto.
Cambiamos de tema, ti que querías ser cando eras
moza?
Eu quería ser azafata porque
me gusta moito coñecer
sitios.
E que
acabaches sendo?
O que eramos
practicamente todas: auxiliar
administrativo.
Cal cres que foi a túa amiga máis destacada?
Pois destacadas tiven bastantes. Pero acórdome
de unha que tiña cando era moza. Pero xa moza de vinte ou trinta anos. Chámase Loli.
Fálanos un pouquiño
de teus pais Marina
e Manolo.
Meu pai era ebanista. Tiña un taller. Miña nai
era costureira, ao principio de todo. Despois era ama de casa.
Con cantos anos tiveches a túa filla? Por que a esa idade?
Para hoxe era moi moza. Tiña vinte e dous anos. A esa idade
porque casei e tiven a miña filla.
Imos falar dos teus gustos. Cal é a túa comida
favorita? Que ten para que che guste?
Gústame sobre
todo a pasta. O porqué
non o sei, a verdade.
Cal é a túa etapa histórica que máis che gusta?
Gústame, sobre todo, Roma. O porqué
é porque me gustan os circos,
os gladiadores...
Cal é a túa película
preferida?
Non teño unha en concreto. Quizais a favorita
é unha que se chama: O último mohicano. Á parte de que me gusta a
película, ten unha música que me encanta, preciosa.
Cal é o teu pintor
favorito?
Pois Goya porque me gusta moito unha obra que
ten que se chama Os fusilamientos. Está ambientada na Guerra da Independencia.
Ti cres que tes un escritor favorito?
Non, gústame moito ler pero leo de todo un
pouco. Leo de todos os temas. Agora estou lendo un libro de Ildefonso Falcones. Chámase: O pintor de almas.
Cal é a túa cor favorita?
Gústame moito
o azul porque me recorda ao ceo.
Cal é
a túa estación do ano favorita?
Bueno, gústame moito...
o inverno. Gústame, pero bueno
o verán gústame porque vai máis calor. O inverno (afirma coa testa).
Cal é a túa canción
preferida?
Non teño. A verdade éque me gustan todos os
xéneros menos os que hai agora do reguetón e todo iso (di que non co dedo).
Cal sería a túa viaxe soñada?
Gustaríame moito ir a Exipto.
Gústanme moito as pirámides
e todo iso.
E xa descubrimos un pouquiño máis da sociedade
de século XX. Non na aldea, senón na cidade e, como xa dicía na introdución, os
oficios neste caso de ebanista e costureira, incluíndo tamén os gustos do meu
exemplo Chelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario