jueves, 29 de abril de 2021

ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

“Había que traballar moi duro e non che pasaban nin unha”

 


Francisco García Vázquez, un policía nacional que tivo que marchar fóra da súa localidade durante oito anos, cóntanos como foi esa experiencia.

 

Jesús García Míguez (1º ESO C)

 

Con cantos anos entraches no Corpo Nacional de Policía?

Eu empezei con 21 anos.

 

Cantos anos estiveches sendo policía nacional?

Levo máis ou menos 44 anos.

 

En que zona administrativa traballaches?

Traballei en Seguridade Cidadá (Patrulla 091).

 

A onde tiveches que marchar por motivos laborais?

Tiven que ir a San Sebastián e a Santiago de Compostela.

 

Canto tempo tiveches que estar fóra?

Pois mira, tiven que estar exactamente cinco anos en San Sebastián e tres en Santiago.

 

Cando eras pequeno, querías ser policía ou pensáchelo máis tarde?

A verdade é que eu de pequeno quería ser escaparatista aínda que xa sei que soa un pouco raro. (Ri).

 

Que tiñas que estudar para chegar a ser policía?

Pois eu tiven que estudar Bacharelato.

 

Como foi o teu primeiro día na academia?

Foi moi ilusionante pero tamén bastante duro porque daquela había que traballar moi duro e non che pasaban nin unha.

 

E como foi o teu primeiro día na rúa?

Foi un dia moi moi moi nervioso de orgullo e coñecendo os meus próximos compañeiros de traballo.

 

Así é a vida dun policía que leva moitos anos no corpo e as súas experiencias.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario