martes, 27 de abril de 2021

ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

“Encántame falar coa xente”

 


Verónica Veira, ademais de traballar no “Baúl de la Abuela”, é nai, pasteleira e lectora. Que non pode facer esta muller! Actualmente está nun ERTE, pero seguramente dentro de pouco xa regresará ó seu poso laboral.

 

 Manuel Andrade Veira (1º ESO B)

 

En que traballas?

Pois actualmente traballo no “Baúl de la Abuela”, que é unha tenda de roupa, lencería de fogar...

 

Porque elixiches ese traballo?

Pois foi o primeiro traballo que tiven ao saír do instituto e empecei aí e alí sigo e gústame ademais.

 

Se puideras elixir outra profesión, cal sería?

Profesora, profesora de infantil. Gústanme moito os nenos. De feito eu teño tres.

 

Que é o que máis che gusta do teu traballo?

A atención ó público. Falar coa xente, encántanme falar coa xente.

 

Canto tempo levas traballando?

Eu levo 23 anos. É moito tempo. (Buf). O tempo pasa moi rápido.

 

Que estudos fixeches para traballar niso?

Realmente para traballar niso non fixen ningún estudo. Eu estudei un FP de Administración e Comercio e despois, ó acabar o instituto, metinme xa alí a traballar e alí sigo.

 

Que querías ser ti de pequena?

Pois panadeira. Gústame moito facer cousas como o pan, biscoitos e todo tipo de pastelería, etc.

 

Cal é a túa situación actual no teu traballo?

Pois actualmente estou nun ERTE dende o ano pasado dado a esta situación de pandemia e espero reincorporarme pronto. A ver como van indo as cousas.



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario