“Nos meus comezos chamábanme Monchu”
Entrevistamos a Ramón
García, exogador de fútbol profesional.
Nahym
Bravo García (1ºESO E)
Como
comezaches a xogar ó fútbol?
Empecei
con catro anos nos equipos de infantís progresando sucesivamente ata os
xuvenís.
Como era o fútbol na túa época?
Era un fútbol
moi ameno xa que era unha cidade pequena na que nos coñeciamos todos.
En
que equipos xogaches?
Nos
comenzos empecei en Unión África Ceutí, na cal estiven varios anos.
Que che
supoñía xogar de maneira profesional?
Para min
foi unha grande alegria que se interesaran equipos profesionais e que se fixaran
en min.
En
que posición xogabas?
Desde
moi pequeno sempre xoguei de centrocampista, tanto do lado esquerdo como
dereito porque son ambidestro.
Por
que te retiraches?
Retireime
do fútbol con vinte e oito anos por unha lesión saltando cun porteiro. Rompín a
tibia e o peroné.
Segues
tendo algúns amigos de cando xogabas ó fútbol profesional?
Si, teño
grandes amigos e compañeiros da miña época que xogaron comigo. Algúns viven e
outros, por desgraza, xa faleceron.
Como
te chamaban?
Nos meus comezos de fútbol chamábanme Monchu.
Despois era coñecido como Fernández.
Cal
foi a túa reación cando te querían nun equipo profesional?
Para min foi unha grande alegría que se
fixaran os equipos profesionais en min porque tiña unha grande ilusión no
fútbol.
Cal
foi o teu partido máis estraño?
Foi un partido de liga cando, querendo pasar
un balón a un compañeiro que xogaba de extremo, eu deille ao balón desde o
centro do campo e, en vez de saír o balón ao meu compañeiro, saíume para a
portería e marquei un golazo porque o porteiro estaba moi adiantado.
Tiveches
xente da túa familia que tamén xogaba ó fútbol profesional?
Si, son sobriño dun gran xogador moi coñecido
que xogou no Deportivo da Coruña: Manuel Lechuga.
Xogaches
con algún xogador que sexa agora mesmo famoso?
Nos meus comezos de fútbol xoguei con Pirri, que
foi xogador do Real Madrid e da selección Española, e con Ramoní, que foi
xogador do Español.
Xogabas
moito?
Normalmente xogaba case todos os partidos
mentres non estaba lesionado.
Por
que?
Xogaba case sempre polas miñas condicións físicas
xa que estaba en boa forma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario