“DE PEQUENO XA MONTABA
E DESMONTABA COCHES”
José María, máis coñecido como Chegue, nacido na Coruña, é un mecánico ao que xa desde pequeno lle gustaban os coches. Como curiosidade, empezou arreglando bicicletas ós seus amigos e tamén gañou un premio na escola por montar unha bicicleta cuns poucos cachivaches.
ALBA ENJAMIO VÁZQUEZ (1° ESO C)
Por que decidiches ser mecánico?
Porque desde pequeniño sempre se me deu por desmontar
cousas e montar. Gústame argallar e arreglar desde sempre, a verdade.
Como chegaches a ser mecánico? Foi difícil?
En principio non xa que era moi xoven. Foi unha cousa que
viña desde atrás.
Gustaríache ter o teu taller propio?
Non, xa que me gusta o taller co meu xefe e tamén porque nos
levamos moi ben entre os compañeiros.
Que ten de interesante o teu traballo?
Ten de interesante que nunca fas o mesmo, sempre fas
cousas distintas. Os coches nunca son os mesmos, sempre hai variedade e iso ten
de interesante.
Curiosidades que che pasaran no traballo.
Algunha vez que outra teño preparado un coche, empezar a
reparalo e sáeme unha rata do capó. Outra vez no capó tiña un son raro e saíume
un gatiño.
Algunha cousa que queiras compartir para
futuros mecánicos que ti non aplicaches e te arrepintes?
Que estuden, que estuden a materia, sistema eléctrico e
todo iso porque á parte hoxe é fundamental.
Dedícaste só a ser mecánico ou fas máis
cousas?
Pois no meu traballo fanse máis cousas á parte de arreglar
coches. Fanse traballos eléctricos no coche, fanse traballos de axustar pezas. É
moi variado.
Despois de traballar todo o día é difícil
lavar as mans?
Despois de traballar todo o día, non é difícil, é
imposible! Porque a graxa coase por tódolos poros da pel.
Estás contento co teu traballo?
Estou moi contento e non o cambiaría por outro. Gústame
moito.
É cansado o teu traballo?
Según o traballo que sexa. Se hai que facer traballos de
embragues non, pero outros traballos si.
Cal foi o traballo máis longo que fixeches?
O traballo máis longo foi de dous ou tres días por abrir
un motor, desmontalo, limpalo e volvelo montar.
Serías capaz de coller algo do lixo e montar
algo?
Si, de por si xa o teño feito. Coller calquera ferro,
quitarlle unha peza para un coche.
Cal foi a cousa máis rara que colliches para
construír algo?
Por exemplo, unhas rodas e uns rodamentos e facer un carriño
para un neno.
Este é o día a día duha persoa e de como
chegou a ser mecánico. Está moi agradecido do que lle brindou a vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario