Santiago Losada: “A diabete é unha difícil carreira”
A diabete arrasa por onde pasa pero, grazas ós avances médicos logrados nestes século, todo foi mellorando. É unha enfermidade difícil, si, pero avanzouse moito, aínda que queda carreira por andar para que os diabéticos poidan levar unha vida normal.
Pablo Losada Cristino (1º ESO B)
Comecemos por unha pregunta
básica, que é a diabete?
A diabete é unha enfermidade
crónica que afecta a moitos millóns de persoas no mundo.
A que se debe a diabete?
Hai dous tipos de diabete: a
tipo 1 e a tipo 2. Ás veces débese a unha reacción autoinmune do organismo, o
caso do tipo 1, e outras veces débese á obesidade, sedentarismo, mala
alimentación... Este último é o caso 2.
En que se diferencian?
A tipo 1 pode xurdir en nenos
incluso pequenos. É unha reacción autoinmune do organismo. A 2 é por falta de
exercicio, mala alimentación...
Cal é peor? Cal ten maior taxa
de mortalidade?
As dúas son iguais de malas.
A máis mortal será seguramente a tipo 1, pero non teño os datos.
Cales son os riscos ós que se
somete un diabético?
Sobre todo as consecuencias
da diabete son enfermidades cardiovasculares, ictus, infartos, insuficiencia
cardíaca e tamén complicacións microvasculares como a neuropatía diabética,
problemas nos riles como tamén problemas microvasculares nas pernas coa
circulación do sangue.
Que é unha hipoglucemia?
Unha hipoglucemia é cando os
niveis de glucosa no organismo baixan por debaixo de certos límites seguros e
que se produce sobre todo nos diabéticos sometidos a un tratamento con
insulina.
Que é o peor da diabete?
Sobre todo que é unha
enfermidade que non doe. Entón, ti non sabes que tes unha diabete pero estache
a facer un montón de dano. Ti non sabes que es diabético ata que unha análise
de sangue cho di.
Compara a vida dun diabético
a principios do século pasado coa dun de principios deste.
A principio do século pasado
os diabéticos morrían sen máis porque non había tratamento, non había insulina
nin fármacos hipoglucemiantes; polo tanto, desenvolvían unha cetacedose e
morrían. Os pacientes hoxe en día obviamente teñen unha esperanza de vida moito
máis alta. Pero a diabete é unha enfermidade seria que reduce a esperanza de
vida, sobre todo se non se trata e se non se toma en serio.
A vida dun diabético cres que
é dura?
Agora menos que antes pero
evidentemente teñen que levar dieta, teñen que facer exercicio, teñen que tomar
as súas medicacións... Require unha certa disciplina.
E como a viven os familiares?
Sobre todo os familiares dos
nenos diabéticos tipo 1 teñen moita preocupación porque o neno se ten que poñer
a insulina, facer os seus autocontrois de glucemia, levar unha vida cunha
alimentación determinada, ter coidado co exercicio físico... Hai que ter unhas
precaucións.
A diabete é unha enfermidade
dura que non avisa, pero sempre hai saída. Grazas ós avances médicos, cada vez
queda menos treito por andar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario