Adrenalina no corpo de vixilancia aduaneira
Vicente Lorenzo Santiago é un veciño de Cariño e axente de vixilancia aduaneira marítima desde hai 14 anos e actualmente traballa na base marítima da Coruña. Compaxina o seu traballo no servizo de aduanas con outras actividades de lecer como a pesca. A súa paixón desde moi neno é o mar.
ADRIEN LÓPEZ NÚÑEZ (1º ESO D)
Que é o corpo de vixilancia
aduaneira?
O corpo de vixilancia aduaneira é un corpo policial
e armado dentro do que é a Axencia Tributaria que pertence ao Ministerio de Facenda
no ámbito de aduanas e impostos especiais.
Para ser axente de vixilancia aduaneira que temos que facer?
En principio, hai que ter uns
estudos mínimos de Bacharelato ou de FP de segundo grao e despois optar a unhas
oposicións e probas físicas específicas.
Exercedes como policías ou tedes máis autoridade?
O noso corpo exerce como
policía fiscal e xudicial.
Actuades sempre no mar ou tamén en terra firme?
Na vixilancia aduaneira hai
dous ámbitos de actuación: o terrestre (investigación) e o marítimo. Ás veces
hai que compatibilizar unha cousa coa outra. Aínda que traballemos no marítimo,
tamén participamos cos de investigación de terra.
Tedes algún plan preciso
antes de saír ó mar?
En principio, todas as semanas hai unhas saídas ao
mar marcadas dende Madrid para indicarnos as zonas de vixilancia e a hora
precisa de cada unha delas para que poidamos prepararnos con tempo dependendo
do que nos indiquen.
Podes contarnos algo dunha
intervención para poñernos cardíacos?
As intervencións sempre se viven en tensión e moita
adrenalina porque as embarcacións sempre intentan fuxir e van cara ás praias ou
rochas para deixar as lanchas e fuxir correndo abandonando a mercancía. Temos
que arrimarnos o máximo posible ou chocar contra a outra embarcación para
saltar nela co risco que sempre supón para nós. En ocasións, eles son os que
acosan as nosas embarcacións con manobras agresivas. Como nós non podemos
abandonar a lancha, montamos na zódiac e imos tras eles tamén.
Cando saídes ó mar que apoio
tedes se o necesitades, outro barco, un helicóptero?
Xeralmente cando hai programada unha operación
determinada o corpo de vixilancia aduaneira conta cos seus helicópteros, avións
e varios tipos de embarcacións. Se a intervención é máis complexa, compartimos
actuación coa Policía Nacional e a Garda Civil.
Cando incautades mercancía
cal é o protocolo que tedes que seguir?
Depende da mercancía. Se é contrabando ou se hai produtos
nun vehículo, todo iso pasa a disposición xudicial e despois ao que se chama
unha subasta pública. En cambio, se a mercancía é droga, esta lévase a un
centro determinado e incinérase. Xeralmente lévase ás Pontes a queimar.
Que tipo de accións son as
máis correntes na zona da costa galega e, en especial, na da Coruña?
O que máis vemos na Coruña é o contrabando de
tabaco. Hai moitos mercadiños no que se vende ilegalmente e tamén os alcoholes
e licores, que se venden sen pagar os impostos establecidos pola lei. Tamén hai
tráfico de estupefacientes entre diversos puntos de Galicia.
En que zonas traballades en
Galicia? Cales son as zonas máis conflitivas neste momento na Península?
Aquí en Galicia temos unha base de vixilancia
aduaneira cada 50 quilómetros de costa: Ribadeo, A Coruña, Muros, Vilagarcía,
Marín e Vigo. A nosa costa é difícil polas condicións do mar pero agora mesmo
en España a zona máis conflictiva é a do sur porque é onde hai moito movemento
de narcotráfico.
Así é como
traballa o corpo de vixilancia aduaneira, un traballo que non está exento de perigos
e do que non adoitamos oír falar moito deles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario