Que pensen que non van ser futbolistas e que se divirtan
Borja Fernández é un exfutbolista retirado no ano 2019. Xogou no Real Madrid, Getafe, Mallorca, Deportivo de La Coruña, Atlético Kolkata, Eibar, Almería e Valladolid.
Emma Fernández Lois (1º ESO A)
Con
que idade comezaches a xogar ó fútbol?
Comecei
a xogar ó fútbol cos amigos e no colexio con cinco anos.
Cal
foi o teu gran paso que deches para saber que querías adicarte profesionalmente
ó fútbol?
Pois non
o sei, pero tal vez o primeiro sexa cando me decidín ir para Madrid con 15 anos.
Pero foron varios pasos, non só ese. Talvez este é o que máis marca.
De todos os equipos nos que estiveches, cal foi o que máis
te marcou?
O Valladolid. Este é co que me sinto máis identificado.
Cal foi o momento de todo o teu paso pola túa carreira
que máis feliz te fixo?
Posiblemente
o día da miña retirada.
Quen foi a persoa que máis te apoiou no sentido de
adicarte ó fútbol?
Pois un adestrador que tiven no Pabellón de Ourense, chamado
Manuel Meiriño. Os meus pais querían máis que estudara ca que xogara. Pero este
adestrador foi o que máis me axudou e apoiou.
Ó longo da túa carreira coñecerías a moita xente, tes
algunha amizade especial?
Si, levo moitas amizades. Creo que co que máis conxenio e
mellor me levo, porque ademais son moitísimos anos, é con Miguel Ángel Moyá,
actual porteiro da Real Sociedade.
Xogaches un ano no Deportivo, que recordas do teu paso
por este equipo?
Teño moitos porque ademais paseino moi ben. Teño moitos e
moi bos. E algún malo pero sobre todo bos. O ascenso e o gol ó Celta son os máis
bos.
Por que decidiches ir xogar un ano á liga da India ?
Porque quería probar unha aventura exótica e nova no estranxeiro.
Tiveches
algunha lesión importante ?
Tiven dúas
lesións importantes que me marcaron un pouco. Unha lesión nun óso dun pé, que
estiven case seis meses apartado, e logo outra lesión de pube, que estiven case
dous anos arrastrándoa.
Que
consellos lles darías os nenos que están empezando?
Pois
que pensen que non van ser futbolistas e que se divirtan.
Como
ves o fútbol feminino actual?
Creo que
está medrando bastante. Non só en notoriedade senón nas formas de adestrar e na
profesionalización que está tendo. Antes non estaba tan preparado para ser
profesional, que aínda que non o son. Pero penso que o coñecemento e os
adestramentos quizais cada vez son máis profesionais.
Que
figura do fútbol che chamou máis a atención e porqué?
Fernando Redondo porque xogaba na posición que eu xogaba
e era o xogador que máis me gustaba na miña época e era o meu ídolo.
Agora que estás retirado, a que te adicas e que plans de
futuro tes?
Pois acabo de comezar a adestrar a un equipo, o filial do
Valladolid. Formo parte do equipo técnico deste e gustaríame ser primeiro
adestrador dun equipo no futuro, cando estea preparado.
Así é como Borja resume o seu paso pola carreira
deportiva desde os seus inicios ata a súa retirada, pasando por diferentes
etapas e lugares sen esquecer outros aspectos como o fútbol feminino, as
amizades ou consellos para os rapaces e rapazas que empezan neste deporte que
tanto lle aportou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario