Xabier Fernández Mateo, un universitario en Santiago de Compostela
Xabier é un estudante
universitario que vive en Santiago de Compostela, onde está rematando o cuarto
curso do Grao en Química. Combina as horas de estudo con algunhas actividades
de lecer, organizando as súas tarefas e aproveitando o tempo ao máximo.
Daniel Fernández Rivera (1ºeso c)
Son estudante de Químicas
na Facultade de Santiago.
Vives
alí ou vas á facultade empregando algún medio de transporte?
Comparto piso en
Santiago con outros dous compañeiros da facultade e vou á clase en autobús.
Que
tal te encontras vivindo en Santiago?
Moi ben, Santiago é
una cidade con moitos lugares para visitar e para divertirse. Alí vive unha morea
de estudantes. Podes coñecer a moita xente e facer moi bos amigos. (Sorrí).
E
teus pais onde viven?
En Cambre, preto da
Coruña. Está moi lonxe de Santiago, así que non paga a pena andar indo e vindo
tódolos días porque sería perder máis dunha hora ao día.
As
fins de semana volves cos teus pais ou prefires quedar alí?
Depende, se teño
moitos exames prefiro quedar alí para non perder moito tempo. Senón, paso as
fins de semana cos meus pais e así vexo os meus familiares e amigos.
Por
que decidiches estudar Químicas?
Paréceme moi
interesante, xa que grazas á química se realizan investigacións no ámbito da saúde,
na industria e na alimentación. Ademais, cando remate a carreira penso que
poderei atopar un traballo con facilidade.
Que
é o máis difícil da carreira de Químicas dende o teu punto de vista?
Todo o relacionado coas matemáticas, xa que non me gustan nada. (Baixa a
cabeza). Existen moitas materias na carreira que teñen que ver co cálculo e coa
estatística.
E o máis sinxelo?
Calquera materia relacionada coa química orgánica, inorgánica ou analítica.
É dicir, resúltame doado calquera tema que teña moito que ver coa química.
Que
fas polas mañás?
Polas mañás vou a
clase e nas horas libres estudo na biblioteca da cacultade.
E
polas tardes?
Polas tardes estudo
cun grupo de compañeiros no noso piso. Tamén fago deporte dous días á semana.
Que
deportes practicas?
Vou á piscina e xogo
ao fútbol.
Que
fas no teu tempo de lecer?
Os xoves e os venres
pola tarde saio cun grupo de amigos e divertímonos moito. Por mor da pandemia, os
grupos teñen que ser moi reducidos e respectamos tódalas restricións. Somos moi
responsables.
Cal
é o teu segredo para poder facer tantas cousas durante o día?
Organizarme moi ben e
aproveitar o tempo ao máximo.
Onde
che gustaría traballar cando remates a carreira?
Nunha empresa de
hidrocarburos. Por exemplo, Repsol. Non me importaría traballar fóra de España.
Que
consello lle podes dar a un estudante?
Que estude moito, se divirta
e, sobre todo, desfrute de cada intre da súa vida.
Así é o día a día dun estudante na Facultade de Químicas de Santiago de Compostela que, sen dúbida, conseguirá todo o que se propoña na súa vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario