“Estou orgullosa de ter descuberto ese interese pola música porque pode ser
unha posible carreira”
Carmen Pérez Rodríguez vainos falar da súa experiencia coa música, especialmente co piano.
Icía Varela Peón (1º ESO B)
Como comezaches a tocar o piano?
Comecei
a tocar o piano porque tiñamos un teclado na casa e meu pai tocábao. Creo que
ese foi o acontecemento que espertou o meu interese pola música. A verdade é
que estou orgullosa de ter descuberto ese interese pola música porque pode ser
unha posible carreira.
Por que decidiches comezar e cando?
A
miña nai viu o meu interese pola música e decidiume apuntar a unha escola de
música. Comecei con sete anos na escola de música e aos dez xa estaba no
conservatorio.
Cantos anos levas tocando o piano?
Levo
sete anos tocando o piano malia que os primeiros anos non era tan profesional
como agora.
En que nivel estás?
Agora
estou en cuarto de elemental.
Os profesores son esixentes?
A verdade é que si. Pero deben selo porque non
todo o mundo ten acceso ás ensinanzas profesionais da música e iso hai que
valoralo.
Que pasa cando rematas sexto de profesional?
Cando
rematas tes dúas opcións. Facer outra carreira ou seguir coa que estás.
Que plans de futuro tes coa música?
Eu
quero preservar o interese que teño polo piano e se non me dedico á música
profesional, quero desfrutar dela no meu tempo libre e espero chegar máis lonxe
das miñas expectativas.
Tes piano na casa? Os veciños protéstanche?
Si,
téñoo dende hai máis dun ano. Sorte que o comprei antes do confinamento (ri). A
verdade é que os meus veciños son moi bos, non protestan nada. De feito ás
veces que non toco o piano dinme: ”hai que tocar o piano, non?”
Que tipo de música tocas?
Actualmente
toco música clásica pero tamén me gusta inventar cancións ou tocar outros
estilos.
Que días vas ao conservatorio? Cantas horas?
Vou
os luns, mércores e venres. En teoría teño que tocar una hora e media todos os
días, malia que é un pouco imposible. Ás veces, non teño tempo e non o podo
facer.
É moi difícil o nivel no que estás?
Depende
do nivel no que mires. Se miras en sexto de profesional, é pan comido (ri). Pero
dende niveles inferiores é máis complicado.
Grazas por compartir con nós a túa experiencia coa música.
Que che vaia moi ben co piano e que toques moitos anos máis!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario