“PARA MIN AS REDES SOCIAIS SON UNHA ARMA DE DOBRE
FÍO’’
O seu verdadeiro nome é Jose e nas redes sociais Jaxts. Naceu na Coruña. É repartidor e no seu tempo libre Youtuber / Streamer. Empezou a ser coñecido cando subiu un vídeo a YouTube dando a súa opinión sobre os atentados de Barcelona.
Eder Gómez Vigo (1º ESO A)
Cal é o teu nome e cantos anos tes?
O meu nome é Jose, nas redes sociais coñecenme
coma Jaxts e teño 26 anos.
Cal é o teu oficio?
Eu son repartidor e no meu tempo libre, creador
de contido.
A que se debe o teu nome nas redes sociais "Jaxts"?
É a combinación de dous nomes, o dun amigo e o
meu.
Cal foi a túa motivación para crear contido en
internet?
Como me gusta todo o que é audiovisual, vin unha
oportunidade para divertirme e ademais gañar diñeiro extra.
Como foron os teus comezos?
Os meus comezos foron na gravación dun vídeo
dando a miña opinión sobre o atentado de Barcelona.
Que pensaron teus pais cando comezaches a
dedicarte a isto?
Os meus pais comezaron a ver contido desde
YouTube e outras plataformas, por iso lles pareceu ben. Entón dixéronme que se
a ti che gusta, parécenos ben.
Que son para ti as redes sociais?
As redes sociais son boas para falar en
diferentes partes do planeta, pero tamén son malas por esa razón. Non ten que
dar información persoal. Para min as redes sociais son unha arma de dobre fío.
Como é o proceso que tes que facer para subir un
vídeo?
Vai en partes. Primeiro, a creación dun guión e,
a continuación, a gravación do vídeo. Por último, e non menos importante, a
edición.
Cres que calquera pode dedicarse a isto?
Si, claro, pero sempre con cabeza. O mundo de
internet é moi perigoso se non sabes utilizalo como é debido.
Que consellos lle darías a un principiante?
Constancia, traballo, ilusión e creatividade.
Xeraches ingresos creando contido en internet?
Si, sobre todo facendo directos na plataforma de
Twitch e creando contido no meu equipo de eSports.
Que é un equipo de deportes electrónicos?
É como o fútbol, con ligas e competicións, pero
no campo dos xogos electrónicos.
Cal é a tua función nese equipo?
O meu papel, e o dos meus compañeiros, é a
sección de creación de contidos e tamén a publicidade de produtos como cascos,
teclados, cadeiras gamers... Nós representamos o equipo chamado Veteranos.
Moitas grazas por concedernos esta marabillosa
entrevista e desexámosche que chegues moi lonxe como persoa e como creador de
contido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario