“Gústame todo
porque axudas as persoas”
Horacio Picallos tivo claro dende sempre que quería ser médico pero non a súa especialidade. Ó primeiro quería ser unha cousa, logo outra e, ó final, decantouse pola súa, otorrino.
Adriana Picallos Fariña (1º ESO E)
Quixo ser otorrino
dende sempre?
Pois non, fun cambiando. Como me gustaba moito a medicina,
pois claro, cando estudaba unha cousa, gustábame ser aquilo que estudaba. Por
exemplo, cando estudei pediatría quería ser pediatra. Despois, cando estudei
uroloxía, apeteceume ser urólogo. E, ó final, decanteime por ser otorrino. Pero
gustábame todo.
Con cantos anos o
decidiu?
Pois ser otorrino, despois de rematar de ser médico, ós
vinte e oito anos por aí.
Se non fose
otorrino, que lle gustaría ser?
Se non fose otorrino, gustaríame dedicarme á cirurxía xeral,
cirurxián do aparato dixestivo.
Por que quería ser
otorrino?
Pois quixen ser otorrino porque traballei diso cando rematei
a carreira. Cando saquei o título, fun traballar cun otorrino. Eu era o seu
axudante na Coruña. E gustoume e foi porque quixen selo.
Onde traballaba?
Traballei de otorrino no Hospital Militar da Coruña e
despois no Hospital Juan Canalejo, na Residencia.
Que é o que máis lle
gusta de ser otorrino?
Gústame todo, todo
porque axudo as persoas. Podo axudar, dentro da miña especialidade, a que as
persoas teñan unha mellor calidade de vida en canto a escoitar, a non padecer
da garganta, a non ter problemas do nariz. E iso contribúe a facerlles unha
vida mellor.
E que é o que
menos?
Pois mira, é cando tes un enfermo e non o podes curar. Iso é
o que menos me gusta.
Cal é a maior
operación que tivo que facer?
Pois foron moitas, pero ben, as maiores quizais foron as
operacións da larinxe.
Que tal se leva cos
seus compañeiros?
Moi ben, cos meus compañeiros moi ben sempre. Apreciabámonos
moito. Eles colaboraban comigo e eu
con eles en todas as dificultades
que tiñamos sempre.
Ten algunha anécdota?
Teño unha. Unha vez, no hospital veu á consulta unha señora
que a pobre era un pouco xorda. Veu alí e sentou e eu no outro lado da mesa.
Entón, pregunteille que lle pasaba e ela viume o meu nome na bata e díxome:
“Ah, pero vostede non é o doutor Rino?”. E eu díxenlle: “ Pero é que o doutor
Rino non existe, é o otorrino”. E dime: “ Non, pero eu busco o doutor Rino”. E
eu díxenlle (ri): “Non existe, é otorrino, que somos todos”. (Ri). Porque,
claro, o seu médico de cabeceira díxolle que tiña que ver un otorrino e ela
entendeu o doutor Rino.
De que idade tiña
máis doentes?
Normalmente, tiña os doentes, son persoas case todas maiores.
Pero tamén sobre corenta anos ou corenta e cinco, que son as menos frecuentes.
Pero son as que máis pena dan porque son máis novos.
Traballou sempre na
Coruña?
Non. Empecei en Barcelona, porque era médico militar e
despois xa vin para A Coruña e desde iso traballei sempre na Coruña, si.
Cal é a súa especialidade
de otorrino?
A especialidade é todo o que teña que ver co nariz, garganta
e oído.
Con cantos anos veu
para A Coruña?
Vin á Coruña con trinta e cinco anos ata que me xubilei ós
setenta.
Aínda que xa estea xubilado, séguelle encantando o oficio ó
que se dedicaba. Tamén é rico polos moitos amigos que fixo e mesmo seguen sendo
para toda a vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario