lunes, 10 de mayo de 2021

ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

Amor á sabedoría”

 


Saturnino Lopez Callón, ou máis coñecido como Nino, naceu no ano 1981. Cóntanos por que é profesor e curiosidades da súa vida como estudante e docente. Tamén nos di o libro que leu por primeira vez e o que está lendo.

 

Ainara Sánchez Avilez (1º ESO E)

 

Por que elixiu ser profesor?

Porque cando eu estudaba, os nenos tiñan moi pouco nivel na materia de Lengua e Literatura. Entón, pensei que era a mellor opción.

 

Por que elixiu ir por letras?

Porque as ciencias me horrorizan. (Ri)

 

Que é a Filosofía?

A Filosofía é o amor polo saber, amor á sabedoría.

 

Por que lle gusta a Filosofía?

Porque me parece a materia que máis tes que pensar.

 

Cal era a súa materia favorita no colexio?

Mira, ata a Primaria, ata que empezou a ESO, era Matemáticas. Pero, a partir de aí, deixou de gustarme e era Lingua e, sobre todo, Educación Física.

 

E na Universidade?

 

 
Uh! Na Universidade é difícil. Gustábame moito unha materia que se chamaba Literatura Comparada, que era comparar a Literatura con outras artes como o cine, a música. E tamén outra materia que era a Gramática Xenerativa.

 

Cantos anos estudou na Universidade?

Foron catro anos e mais outro, cinco anos.


Que carreira fixo?

Pois mira, fixen Filoloxía Hispánica.

 

Cal foi a súa media na Universidade?

A miña media?, teño que dicila? Sobresaliente porque non hai número na Universidade.

 

Que nota lle pedían de corte na selectividade?

Uf! Creo que era un seis, pero antes era sobre 10 non como agora que é sobre 14. Agora é sobre 14 antes era sobre 10.

 

En que Universidade e en que colexio estudou?

Na Universidade aquí, na Universidade de Elviña. No colexio estudei en Franciscanas e COU estudeino no Xosé Neira Vilas, un instituto de Oleiros.

 

Cal foi o primeiro libro que leu?

O primeiro libro que lin foi Fray Perico y su borrico.

 

E o último ou o que está lendo?

O que estou lendo agora é a terceira parte dunha triloxía de novela histórica romana que se chama Africanus, ben Las legiones malditas.

 

Agradecémoslle a Nino López a súa achega e por compartir a súa vida de estudante e profesional.



No hay comentarios:

Publicar un comentario