“Antes non era como agora”
Isabel Canle, de 75 anos, fálanos da súa vida e de como foi cambiando. Agora mesmo está xubilada.
CARLA
LÓPEZ GRANDA (1º ESO B)
Onde naceu?
Nacín
en Roas, Cospeito, provincia de Lugo.
Na casa
ou hospital?
Antes
non era coma agora. Non fun ao hospital. Nacín na casa.
Como
recorda o colexio?
Eu ao
colexio tiña que ir andando. Non había autobús. Ir andando e vir andando. Vir á
casa comer e ir pola tarde andando outra vez. Pero pasábao ben. Estudaba moito.
A que
xogaba no recreo?
Xogaba
a moitos xogos pero non me acordo como se chamaban. Pero si dun que lle chamabamos
"Al pañuelo blanco".
Cando
chegaba á casa do cole, que facía?
Pois facía
os deberes, merendaba e axudaba a traballar.
Que
xoguetes e libros recorda?
Pois bonecas,
unha enciclopedia que me regalou meu tío, e xogaba co meu irmán e coas miñas
primas.
Que
quería estudar cando acabou no colexio?
Eu
quería ser profesora, pero meus pais non tiñan medios, aínda que eu quitaba
boas notas.
Despois
que fixo?
Pois
despois fun aprender a coser, bordar e calcetar.
Cal era
a súa diversión?
A miña
diversión era ir ás festas, á feira e á misa, que tiñamos que ir.
A que
anos coñeceu o marido?
Aos 23
anos.
Como
recorda a súa voda?
Na miña
voda paseino ben. Pero non foi nun restaurante. Foi na casa coa miña familia.
Cantos
fillos tiveron?
Tuven
dúas fillas, Ana e Maribel.
Cantos
anos estiveron xuntos de matrimonio?
Estivemos
26 anos, pero por desgracia aos 49 morreu.
En que
traballaba cando morreu?
Traballabamos
no campo e tiñamos vacas.
Cantos
anos traballou?
Coticei
35 anos pero traballei moitos máis, ata os 65 anos en que me xubilei.
Agora
que está xubilada que lle gusta facer?
Gústame
pasear, facer de comer, traballar na horta e xogar ás cartas cos meus netos.
Que lle
gusta da tele?
Gústame
o Luar, Bamboleo, Land Rober e ver o telediario.
Le o
periódico?
Si,
gústame saber o que pasa no mundo.
Gústalle
bailar, cal é o seu cantante favorito?
Si, iamos
ás festas andando todas as amigas e o meu cantante é Manolo Escobar.
Cantos
netos ten?
Teño
dous, Yoel e Carla.
Como lle
gustaría que foran os seus netos?
Gustaríame
que tiveran unha boa saúde, que foran estudosos e educados para que saiban
andar pola vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario