“Os máis importantes son os veciños”
Esteban Lareo, un veciño da nosa cidade que foi concelleiro no Concello da Coruña durante tres lexislaturas. Nacido en Lugo pero coruñés de corazón. Casado e cunha filla, reside desde neno na zona do Agra do Orzán. Membro do Colexio de Economistas da cidade da Coruña e do Rexistro de Asesores Fiscais. Como o seu pai, preocupado polo benestar dos seus veciños e polo desenvolvemento da súa cidade.
IRENE LAREO LAGARES (1º ESO A)
Por que se converteu en concelleiro?
Porque
eu militaba nun partido político e os meus compañeiros ofrecéronme ir na lista
para as eleccións ao Concello da Coruña.
En que partido político? Por que?
Pois eu
estaba afiliado ao Partido Socialista Obreiro Español e porque coincide coas
miñas ideas e tamén estaba afiliado, no seu momento, o meu pai e iso animoume.
En que concellerías traballou?
Buff!
Traballei en moitas. Empecei sendo concelleiro de Protección Civil, despois fun
concelleiro de Limpeza Viaria, Recollida de Lixo, Parques e Xardíns, Protección
Civil e Praias. Despois estiven de concelleiro de Mocidade, Deportes, Festas e
Turismo. E, por último, fun concelleiro de Infraestruturas e Obras.
Das concellerías nas que traballou, cal foi a súa
preferida? Por que?
Pois a
miña preferida foi a última, a de Infraestruturas e Obras, porque podías facer
moitas obras na cidade que facilitan e melloran a vida da xente.
Onde traballaba?
Eu tiña
o despacho no Pazo Municipal de María Pita.
Cantos anos traballou como concelleiro?
Eu
estiven de concelleiro doce anos, de 1999 ata 2011.
Gustoulle ser concelleiro? Por que?
Si,
gustoume ser concelleiro, sobre todo porque podías traballar para mellorar a
vida dos teus veciños da Coruña.
Era moi difícil ese traballo? Por que?
Ben, o
traballo… Todos os traballos teñen a súa dificultade e a dificutade do traballo
de concelleiro é, pois que tes que xestionar moito o orzamento do Concello para
destinalo ás obras e ás ideas que queres facer na cidade. Tamén tes que atender
os veciños, atender as súas reclamacións e ten a dificultade que ten calquera
outro traballo. A cuestión é que se che gusta, pois dedícaste a el en corpo e
alma.
Das cousas que fixo pola cidade cal foi a súa
preferida? Por que?
Ben,
pois así o máis importante o Parque de Oza, que foi unha obra grande e que
fixemos un parque nunha zona onde non había parques na cidade, na zona de
Monelos. Moitas obras pequenas que facilitaban a vida da xente nos barrios.
Tamén todo o que fixen de axuda aos clubs deportivos, ás festas da cidade, ós
concertos e ás actividades na rúa. Moitas cousas.
Ten algún recordo bonito? Cal?
Moitos,
sobre todo o trato da xente e que aínda a xente coa que traballabas ou coa que
tiveches relación, ou coa que fixeches cousas para axudarlles, aínda te ven
pola rúa e saúdante.
Coñeciches algunha persoa importante?
Pois si,
a moitas. Empezando polo rei actual, a raíña, o rei emérito, a raíña emérita,
as infantas e despois, presidentes do goberno, ministros e xente da cultura.
Coñeces moita xente e, sobre todo, os máis importantes de todo que son os
veciños.
Por que deixou de ser concelleiro?
Porque
no 2011 pensei que finalizara o meu ciclo e marchei para a miña actividade profesional
que xa exercía antes.
Volvería traballar de concelleiro hoxe en día?
Por que?
Pois
non, a verdade é que hoxe en día estou dedicado ao meu traballo e non teño
interese en volver á política.
Que é o mellor e o peor de traballar na
política?
O mellor
é que axudas a xente, que axudas a túa cidade, que defendes e pos en práctica as
túas ideas e o que pensas de como ten que ser a túa cidade, o contacto cos veciños.
E o peor é que deixas de ter tempo, sobre todo, para a túa familia.
En que traballa agora?
Eu
traballo no que traballaba antes de estar na política. Son asesor fiscal e
contable, colexiado no Colexio de Economistas da cidade da Coruña.
Aínda
que parece difícil a volta de Esteban Lareo ó mundo da política, quen sabe se
co paso do tempo podería cambiar de opinión. O paso dos anos daranos a
resposta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario