“A maioría
das veces traballo na casa pola COVID 19”
Lola Rey Segura naceu en Madrid o 19 de outubro de 1975. Chegou á Coruña no 2004. Ela aprendeu moi rápido a lingua galega. Seu pai era policía nacional e súa nai, ama de casa.
Lucía Salguero Rey (1º ESO C)
A que se dedica?
Eu son visitadora médica.
Que
fai no seu traballo?
Pois
dedícome a explicarlle ós profesionais sanitarios como funcionan os meus
dispositivos médicos.
Cantos
anos leva?
Levo
neste traballo 16 anos.
Onde
desenvolve o seu traballo?
Normalmente
nos hospitais e nos centros de saúde, pero debido á Covid tiven que realizar o meu traballo de maneira telemática.
Cre que ten que esforzarse moito para
chegar a onde chegou?
Si,
o meu traballo require unha gran profesionalidade e estar ó día de todos os
avances médicos.
Separouse dalgún amigo/a por facer
este emprego?
Si,
eu vivín e estudei en Madrid e despraceime para A Coruña por traballo. Entón,
deixei os meus amigos da infancia alí.
De que nacionalidade é a súa empresa?
A
miña empresa é de nacionalidade inglesa.
Que ferramentas utiliza para ensinar
como é o funcionamento dos seus produtos?
Fago presentacións no ordenador e asisto á proba do
produto no quirófano.
Para que serven os
produtos que vende?
Para o tratamento de feridas.
Así é como Lola Rey desenvolve o seu traballo como
visitadora médica, aínda que a Covid lle cambiou a súa forma de traballar. A maioría
das veces ten que facelo de forma telemática e o resto de maneira presencial
nos hospitais e centros de saúde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario