“Eu fun mestre toda a vida”
Guillermo Pintor Souto naceu en Rendal (concello de Arzúa) o 21 de xaneiro de 1951. Con 13 anos foi estudar ao seminario. Estudou maxisterio, tivo tres fillos coa súa esposa e xubilouse con 60 anos. Traballou en varios colexios. Tamén ten cinco netos.
CAROLA VEIRAS PINTOR (1º ESO C)
Onde e cando naceu?
Eu nacín
en Rendal (provincia da Coruña) o 21 de xaneiro de 1951.
Como foi a súa infancia?
Foi moi
bonita. Vivimos nunha aldea. Viviamos xunto a unha parroquia. Tiñamos unha
bicicleta de pau. Xuntabámonos todos e xogabamos a moitos xogos, entre eles á
peonza. No colexio pasábamolo xenial. Xogabamos ao fútbol cunha pelota de
trapo.
Pódenos contar unha anécdota da súa infancia?
No
colexio dábannos leite. Eu fun collela e detrás estaban as rapazas facéndoo. Esvarei
e fun cara a atrás e caín na tina chea de leite. Estiven co pandeiro mollado
todo o día. Ese día ninguén tomou leite.
Como coñeceu a súa esposa?
Eu coñecina
con 18 anos. Para meterme con ela roubáballe as pipas. Pero despois a min picábame
cando ela dicía: “Colle as que queiras”. Tamén era catequista, eu e mais ela.
Entón, tamén a vía cando dabamos o catecismo.
A que oficio se dedicou?
Fun
mestre toda a vida, dende os 23 anos ata os 60 anos.
Que sentimentos lle aportaba ser mestre?
Había de
todo, pero sobre todo felicidade. Os meus alumnos facíanme rir, aínda que tamén
había momentos de enfado, pero prefiro acordarme do bo.
Como eran os nenos daquela?
Había de
todo, pícaros, anxeliños, etc., pero todos eran moi boas persoas.
Pódenos contar unha anécdota de cando era
mestre?
Claro
que si. Vou contar da que máis orgulloso me sinto. Cando eu comecei a dar clase
nese colexio non tiña nin unha triste planta, nin unha herbiña. Comecei
plantando unha árbore e, pouco a pouco, os nenos do colexio e mais eu
continuamos plantando cada vez máis e máis. Creo que agora o colexio de Valga é
o colexio con máis plantas de toda España. O que máis me gustaba era que cando
os alumnos plantaban, na cara notábaselles que o facían con amor.
Agora que fai?
Agora
mesmo estou xubilado. Vivo en Priorada coa miña esposa. O que máis me gusta é
cando nos visitan os nosos tres fillos e os nosos cinco netos.
Esa é
a experiencia de Guillermo Pintor Souto cando era profesor e como desenvolveu a
súa vida dende aquela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario