Mentres
un é novo sempre ten tempo para todo
José Manuel García (61 anos, naceu en Brexo-Lema, Cambre) cóntanos algo da vida nos anos sesenta, setenta e oitenta, que era moi diferente á de agora.
Nerea García Boga (1º ESO B)
Como se
chama?
José
Manuel García, aínda que todo o mundo me coñece por Corredoira.
Cantos
anos ten?
Hai
pouco cumprín 61 no mes de marzo.
Onde naceu?
Nacín
nunha pequena parroquia do concello de Cambre que se chama Brexo-Lema.
Cóntenos
un pouco da súa familia?
Veño
dunha familia moi humilde. Son o mediano de cinco irmáns. Somos tres homes e dúas
mulleres. O meu pai estaba enfermo e non podía traballar. Miña nai andaba ao
xornal polas leiras dos veciños. Así nos axudaban para poder comer un pratiño
de caldo ou unha boa cunca de leite.
Como
foi a súa infancia?
Aínda
que pasabamos algunha necesidade, podo decir que foi unha infancia feliz. Fun á
escola, aínda que aos 14 anos xa me tiven que poñer a traballar para axudar na
casa con algúns cartos. Eramos tres irmáns na casa. Os dous maiores xa
emigraron, pois aquí non había moitas oportunidades.
Entón,
como tivo que empezar a traballar moi novo, non foi un mozo de moitas festas ou
si?
(Ri)
Mentres un é novo sempre ten tempo para todo. Traballaba, xogaba ao fútbol e
mais tiña tempo para ir de verbena, que che me gustaba ben.
Xogaba
ao fútbol? En que equipo?
Xoguei
no Brexo-Lema, de dianteiro. Xoguei dende o ano 1979 ata o 1990. Xogamos en terceira
rexional.
E
como coñeceu a súa muller?
Aínda
que soe raro, coñézoa de sempre. Dende nenos eu xa fun á súa primeira comuñón pois
tocamos algo na familia. O seu avó e miña nai eran irmáns. Vamos, que a miña sogra era miña curmá.
Cantos
anos levan casados?
Para agosto
fará 39 anos que nos deron dous filllos e unha neta.
Fala
habitualmente en galego?
Si,
dende neno eu sempre falei galego porque era a lingua que me ensinaron meus
pais. E sigo falando galego no día a día. Se ben é certo que se alguén non me
entende, fálolle en castelán.
José
Manuel García demostrou que con poucos anos puido axudar a súa familia e mais desfrutar
da súa xuventude.
No hay comentarios:
Publicar un comentario