viernes, 14 de mayo de 2021

ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

A vida dunha emigrante

 


Raquel Tieso naceu o 26 de febreiro de 1977, en Caracas (Venezuela). Durante uns anos traballou de profesora de inglés e hoxe en día traballa de camareira. Casou con Alejandro Noda e tiveron unha filla.

 

Samantha Noda Tieso (1º ESO C)

 

Onde naceron seus pais?

Meu pai naceu en Pontevedra e miña nai na Coruña.

 

De que traballaban seus pais?

Miña nai foi perruqueira e meu pai carpinteiro

 

Por que veu para España?

Ao principio porque toda a miña familia xa viñera para España e despois porque en Venezuela a situación do país era cada vez peor.

 

A onde lle gustaba ir pasear en Venezuela?

Desde pequena, e incluso de maior, sempre fomos a un club chamado Hermandad Gallega de Venezuela onde se reunían todos eses galegos que emigraron para Venezuela.

 

Cantos anos hai que veu para España?

Eu e mais o meu marido e a miña filla hai seis anos en xullo que viñemos.

 

Cando chegaron onde vivían?

Cando chegamos, vivimos catro anos con meus pais. Agora, vai facer dous anos que vivimos na nosa casiña.

 

Gustaríalle volver a Venezuela?

Si me gustaría volver para ver a familia do meu marido, os meus amigos e para traer todas as cousas que non puiden traer.

 

Desde entón viu a familia do seu marido?

Nós non puidemos ir e eles tampouco puideron vir e desde este ano coa Covid nin o pensamos.

 

Quédalle algún familiar en Venezuela?

Pois non, toda a familia que está en Venezuela é a familia do meu marido.

 

Que estraña facer de cando era moza?

Estraño ir á praia e quedar cos meus amigos. Tamén estraño viaxar coa miña familia e cos meus amigos.

 

Cando vivía con seus pais adoitaba comer comida venezolana ou española?

Na miña casa adoitamos comer comida española porque meus pais son españois.

 

Ten algún irmán?

Pois si, teño un irmán que se chama Roberto. El é sete anos maior ca min.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario