martes, 11 de mayo de 2021

ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

A vida dunha persoa que non pode dobrar a perna

 


Julio Bartolomé (Madrid, 1 de xullo de 1936) é unha persoa que con cinco anos tivo unha inflamación nunha perna e, despois de moitas operacións, a única solución foi deixar a súa perna tesa.

 

Pedro Olveira Bartolomé (1º ESO B)

 

Que foi o que máis lle marcou a vida?

Pois que de pequeno tiven unha inflamación na perna esquerda que ma impediu dobrar desde que teño cinco anos.

 

Quen foi a  persoa que máis lle axudou mentres estaba ingresado?

Miña nai axudoume moito. Durmía nunha cadeira na miña habitación.

 

Como lle ocorreu isto?

Nunca tivemos unha resposta a esa pregunta, non sabemos como ocorreu.

 

Que era o que máis lle gustaba facer de pequeno sabendo que tiña mal a perna?

Pois agora hai moitas cousas ás que xogar. De pequeno eu xogaba co que había e os meus amigos.

 

Que foi o primeiro que lle dixo a súa avoa da perna?

Pois non lle importou moito. A verdade, non lle preocupou.

 

Por que non pediu a minusvalía?

Porque eu nunca considerei que era menos válido que as demais persoas.

 

De que traballaba?

Eu traballei durante a carreira nun laboratorio e á vez, pola tarde, traballaba axudando a un veterinario. Todo isto sen cobrar. O meu primeiro traballo cobrando foi nunha granxa de chinchillas. Pero ó que me dediquei na vida foi ser veterinario.

 

A súa perna supúxolle moita complicación con tantos traballos?

Non creo e se me supoñía algunha, foi mínima.

 

E, por último, como veterinario que era o que máis lle gustaba facer?

O traballo no laboratorio pero non lle dedicaba moito tempo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario