martes, 4 de mayo de 2021

ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1º ESO

 

“Entrei no exército porque tiña moita vocación”

 


Pedro Reynés Wedekind é un soldado retirado do exército español.

 

NICOLÁS BARRO OTERO (1º ESO A)

 

Por que motivo entrou no exército?

Eu entrei no exército porque tiña moita vocación e moitas ganas de aventura.

 

Que idade tiña? Que lles pareceu aos seus pais?

Cando entrei no exército tiña 17 anos, era moi novo aínda. A meu pai pareceulle moi ben porque el consideraba que sería una boa experiencia para min. Pero a miña nai non lle pareceu moi ben porque ela pensaba que sería moi perigoso.

 

Que facía alí?

Pois o meu deber alí era facer instrución e manobras.

 

Ata que rango chegou?

Eu chegei a ser cabo primeiro.

 

Canto tempo estivo de servizo?

Eu estiven de servizo durante catro anos, foron uns anos moi bonitos na miña vida.

 

Onde estivo de servizo?

Eu estiven de servizo en Murcia e en Madrid na BRIPAC (Brigada Paracaidista)

 

Podía ver a súa familia?

A ver, eu por poder podía ver a miña familia. Pero só cando tiña autorización do meu superior. Iso fixo que me distanciase un pouco da miña familia debido a que non sempre tiña esa autorización.

 

Era moi duro estar alí?

Había moitas veces que podía chegar a ser moi duro pero normalmente non o era. Cando era máis duro era cando eu pedía a autorización para poder ver a miña familia.

 

Pode contarme algunha anéctoda?

Pois cando estaba no meu ano de servizo, tiñamos que saltar dun avión a moitos metros de altura. Eu saltei e, cando estaba a puntiño de aterrar, pasou una ráfaga de vento moi forte e, en vez de aterrar no chan, quedei enganchado nunha póla dunha árbore. Un habitante da zona tivo que axudarme a baixar e os meus compañeiros non pararon de rir ata que volvemos á base.

No hay comentarios:

Publicar un comentario