jueves, 13 de mayo de 2021

ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

Construíndo de aquí para alá

 

 


Miguel Ángel Figueroa é un arquitecto de 49 anos que viaxa por toda España (Madrid, Soria, Vigo) para realizar o seu traballo na construción de obras como Torre Caleido, depuradoras, pontes…

 

Miguel Figueroa UrdiAin (1º  ESO C)

 

A que se dedica?

Son técnico de prevención de riscos laborais nunha empresa de construción.

 

Que estudou para poder realizar o seu traballo?

Estudei Arquitectura Técnica na Universidade da Coruña e fixen dous másters en Prevención de Riscos Laborais.

 

Actualmente en que proxecto traballa?

Agora mesmo estou facendo un proxecto que consiste na construción dun túnel para un emisario dunha estación depuradora de augas residuais en Soria, o túnel ten unha lonxitude de 5 km.

 

En que proxectos importantes participou?

Participei en moitas obras de todo tipo: autovías, edificios de vivendas, portos, edificios singulares. Pero os máis importantes serían: a depuradora de Vigo, unha autovía de 15 km e o rañaceos  Torre Caleido, que é a quinta torre da zona financeira de Madrid.

 

Cal foi o proxecto que máis lle gustou de todos?

Os que máis me gustaron serían a depuradora de Vigo e o rañaceos Torre Caleido. E deses dous quedaríame co proxecto Torre Caleido xa que non se ten a oportunidade de construír un rañaceos a miúdo. É un edificio que, entre sotos e oficinas de traballo, ten 43 plantas en total.

 

En relación co Covid, ten problemas cando se despraza a distintos sitios por traballo?

Ó principio co Covid era difícil poder desprazarse a zonas como Madrid ou Bilbao porque os transportes como o avión ou tren estaban moi limitados xa que estes medios eran os máis rápidos para chegar ós sitios.

 

En que medio de transporte se despraza?

Agora desprázome en vehículo particular polo tema do Covid. Tes máis libertade de movemento aínda que é máis cansado.

 

Cando ten que ir facer un proxecto leva a familia consigo?

Non, non a levo xa que é moi difícil trasladar cada pouco tempo os nenos cambiándoos de colexio e a maioría das veces os proxectos empezan cando xa están na metade do curso.

 

No seu tempo libre que lle gusta facer?

Gústame estar coa familia, saír a pasear con eles e tamén facer deporte e ler.

 

Que deportes practica?

Gústame practicar todo tipo de deportes pero especialmente golf e pádel.

 

Practícaos a miúdo?

Non. Cada vez teño menos tempo libre ó estar só a fin de semana na casa.

 

Alguén da familia practica algún destes deportes consigo?

Antes practicábamos pádel pero agora, no tempo do Covid, este tipo de deportes son máis complicados de practicar.

 

Gustaríalle que o seu traballo estivese cerca de onde vive?

A verdade é que si. Gustaríame que o meu traballo estivera cerca da cidade onde vivo para estar máis tempo coa familia. Esperemos que saia un proxecto na Coruña.

 

Agora sabemos que moita xente ten que viaxar debido a que ten que traballar.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario